Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela conmemora o centenario do cemiterio parroquial

ESTA TARDE COMEZAN OS ACTOS PARA CONMEMORAR O CENTENARIO DO CEMENTERIO PARROQUIAL. GONZÁLEZ BARCIA SUBLIÑA QUE BURELA E OS SEUS ANTEPASADOS SE MERECEN ESTA LEMBRANZA E ASEGURA QUE OS SEUS VALORES DEBEN CHEGAR ÁS XERACIÓNS ACTUAIS.

Burela, 14 de decembro de 2012. Hoxe dan comezo os actos para conmemorar o centenario do cementerio parroquial de Burela. O alcalde, José Mª González Barcia, asegura que Burela e os seus antepasados se merecen esta lembranza.

O salón de conferencias da antiga biblioteca acollerá a partires das 20:30 horas a presentación do libro Centenario do cementerio parroquial de Burela 1912-2012. O rexedor sinalou que “se trata dun libro moi sinxelo, que recolle as aportacións desde distintos puntos de vista do cronista oficial de Burela, Benjamín González Quelle; da historiadora Herminia Pernas Oroza e do licenciado en filoloxía Luis Miguel Pedre, xunto co cura párroco de Burela, Ramón Marful”. González Barcia explicou que “o obxectivo da publicación deste libro é recordar o centenario dos primeiros enterramentos no noso cementerio parroquial que se produciron no ano 1912”.

O alcalde considera que “Burela e os seus antepasados se merecen esta lembranza. É unha data entrañable porque a partires de aí a propia evolución do cementerio é bastante significativa e representa tamén a evolución da vila. E por outra parte non é malo, nestes tempos que corren, facer unha especial mención aos valores que os cidadáns de Burela teñen posto de relieve para que Burela sexa hoxe en día o que é. Ese espíritu de sacrificio, de traballo e de tolerancia coa cantidade de xente que desde xa mediados do século pasado se ten asentado en Burela vindo doutras zonas desta comarca, desta provincia, de Galicia, de España e incluso do extranxeiro. Ese espíritu de colaboración e de cooperación, ese espíritu de solidaridade fan que co paso dos anos se teña forxada a imaxe que ten agora mesmo Burela e se teña forxado o Burela do presente, un pobo que é dinámico, un pobo emprendendor e que sigue acollendo, a pesares da situación de crise que estamos a vivir, a personas que veñen doutra latitudes”.

González Barcia indicou que “é bó que as xeracións actuais teñan en conta todos estes valores que foron conformando co paso dos anos durante o século pasado a Burela do presente. Durante moitas décadas houbo xente que adicou a súa vida a traballar, por sí, polos seus e polo pobo en xeral”. O alcalde de Burela engadiu que “no cementerio hai enterrada xente con moito renome e hai enterrada xente casi que me atrevería a decir anónima, que non tiveron unha grande presencia na vida social da vila. A todos eles, desde o primeiro ata o último, lles hai que recoñecer a súa aportación para que durante anos Burela se fora facendo a un ritmo ás veces realmente impresionante, Burela fose medrando, xenerando riqueza e emprego e Burela chegase a ser o que é hoxe en día”. O rexedor lembrou que Burela no ano 1970 tiña escasamente dous mil cincocentos habitantes e hoxe ten preto dos 10.000, “e eso significa unha puxanza que outros concellos non teñen. Paga a pena facer este recoñecemento no centenario do noso cementerio parroquial, paga a pena recoñecer ás persoas que están alí enterradas o seu traballo, o seu tesón e o seu sacrificio, e paga a pena espallar eses valores entre as xeneracións actuais para que o concepto de Burela siga estando vivo no presente e tamén no futuro”.

Os actos para conmemorar o centenario do cementerio continuarán mañá coa celebración dunha misa na antiga ingrexa parroquial, a de Vila do Medio, e despois no cementerio se descubrirá unha placa conmemorativa.

O alcalde agradeceu “a colaboración de todas as persoas que dun xeito ou doutro fixeron posible este libro: o cronista oficial de Burela, Benjamín González Quelle; a historiadora Herminia Pernas Oroza e o licenciado en filoloxía Luis Miguel Pedre. Tamén a colaboración de Ramón Marful, o noso párroco, que foi fundamental para que o libro saise á luz. A colaboración de Foto Sergio, que nos ten axudado coas fotos e coa reproducción de documentación. A colaboración da confraría de pescadores, que segue a pagar a luz do cementerio parroquial desde tempo inmemorial, o que representa o compromiso que a confraría tivo e ten con todos os movementos de tipo social e cívico que se teñen producido en Burela. E un agradecemento especial a todos os nosos antepasados, que colaboraron desde institucións públicas ou desde ese casi anonimato e fixeron posible que co paso do tempo Burela sexa o que é”.

Exit mobile version