Site icon Crónica3.com A Mariña

O departamento de relixión do IES Vilar Ponte de Viveiro organizou un concurso de Postais de Nadal

CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL DO IES VILAR PONTE.

CURSO 2012-2013.

DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN CATÓLICA

O departamento de Relixión Católica do IES Vilar Ponte de Viveiro, que encabeza o profesor Francisco José Janeiro Rodríguez, organizou, como ven sendo tradicional nestas datas, o Concurso de Postais de Nadal. Unha vez máis hai que suliñar a elevada aceptación e participación deste certame, resultando premiados os alumnos-as que a continuación se relacionan.

A entrega de premios fíxose ás 10 horas, do día 20 de decembro de 2012, no Edificio Pastor Díaz, presidida polo Director do Centro, Marcelino García Suárez. Os premios consistiron en distintos lotes de libros de lectura doados pola editorial SM. As postais van estar expostas nas instalacións do centro.

PRIMEIRA CATEGORÍA (1º e 2º ESO)

1º PREMIO: ÁNGELA MARTÍNEZ SARMENTERO (1º ESO “D”)

2º PREMIO: MARÍA LÓPEZ ESCOURIDO (1º ESO “C”)

2º PREMIO: CINTIA BARRIA MÍGUEZ (2º ESO “A”)

3º PREMIO: BORJA AMIGO FERNÁNDEZ (1º ESO “B”)

3º PREMIO: SHAILA JULIET PÉREZ LÓPEZ (1º ESO “B”)

SEGUNDA CATEGORÍA:

1º PREMIO: MAR MARTÍNEZ SARMENTERO (3º ESO “A”)

2º PREMIO: NEREA OTERO VALE (3º ESO “B”)

3º PREMIO: ÁNGELA ISABEL RIVAS ÁLVAREZ (3º ESO “C”)

3º PREMIO: SABELA BLANCO MARTÍNEZ (3º ESO “B”)

Exit mobile version