A Concellería de Cultura de Barreiros lembra que ata o 26 de decembro pódense presentar na biblioteca pública municipal os traballos que concurran aos concursos de poesía Nadal e debuxo Nadal 2012. Tres son as categorías que se establecen para o certame de poesía: unha ata os 8 anos, outra de 9 a 11 anos e a terceira para rapaces e rapazas de 12 a 16 anos. O certame de debuxo está destinado a nenos de 3 a 5 anos. Os traballos de poesía premiados na fase local pasarán a participar na fase provincial.