Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Burela anuncia que contratará un axente de emprego cunha subvención da Xunta

JOSÉ CASAS ASEGURA QUE UNHA DAS MÁXIMAS PRIORIDADES DO EQUIPO DE GOBERNO É A CREACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO E A FORMACIÓN DE DESEMPREGADOS. A XUNTA ACABA DE CONCEDERLLE UNHA NOVA SUBVENCIÓN AO CONCELLO PARA A CONTRATACIÓN DUN AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL.

Burela, 21 de decembro de 2012. O concelleiro de Emprego, José Casas, asegura que unha das máximas prioridades do equipo de goberno é a creación de postos de traballo e a formación de desempregados. O edil subliña que a Xunta destinou neste 2012 ao Concello 485.000 euros para estes fins. Deste xeito resposta ás críticas vertidas polos socialistas no pleno extraordinario celebrado na xornada de onte.

Casas sinalou que “o portavoz do PSOE non se entera de nada cando di que desde o equipo de goberno non temos interese polas políticas de emprego. Coa nova subvención que nos acaban de conceder a Xunta aportoulle ao noso Concello durante este 2012 máis de 485.000 euros para a creación de emprego e para a formación de desempregados”.

O edil de Emprego pregúntase “si o señor Llano durante o bipartito pode presumir de cifras coma éstas das que estamos a falar. Ao longo deste ano empregamos a 45 persoas en distintos postos, formamos a 60 desempregados en catro cursos e temos en marcha un obradoiro de emprego con 3 docentes e 15 alumnos, que perciben uns 700 euros ao mes”.

José Casas engade que “estas políticas da Xunta e do Concello de Burela chocan coas que se practican desde a Deputación que utilizou aos parados no Lugo Emprega como arma electoral e agora esquécese dos desempregados totalmente. Queremos preguntarlle ao señor Llano si apoya que se impartan cursos de formación por parte da Deputación onde se dan títulos non homologados. E que nos diga tamén cántos postos de traballo se crearon en Burela co apoio da institución provincial. Xa lle podemos decir que a cifra é 0”.

Coma mostra da preocupación que o goberno municipal de Burela ten polo emprego e tamén o goberno galego a Xunta ven de concederlle unha subvención ao Concello para a contratación dun axente de emprego e desenvolvemento local. O concelleiro José Casas amósase satisfeito “polo compromiso do goberno galego para que poidamos seguir creando ou mantendo postos de traballo en Burela. Con esta nova subvención chegamos aos 485.000 euros neste ano aportados pola Xunta ao noso Concello”. O contrato terá unha duración dun ano. O aedl ten coma función básica colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial no concello.

Exit mobile version