Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno do concello de Burela afirma que reduciu o gasto telefónico a aproveita para criticar ao anterior goberno

O EQUIPO DE GOBERNO REDUCIU O GASTO TELEFÓNICO. AFIRMAN QUE O BIPARTITO TIÑA 25 LIÑAS DE MÓVIL E AGORA HAI 16. OS POPULARES CONSIDERAN QUE OS SOCIALISTAS ESTÁN A DAR UN ESPECTÁCULO PENOSO PEDINDO AFORRO “CANDO ELES DESPILFARRARON O QUE QUIXERON E MÁIS”.

Burela, 15 de decembro de 2012. O Equipo de Goberno do Concello de Burela reduciu de forma considerable o gasto telefónico desde que chegou ao Concello, segundo datos que obran na Intervención Municipal. Así se fixo público hoxe, logo de que o PSOE solicitara unha rebaixa no gasto telefónico.

O Equipo de Goberno burelés indica que “os socialistas non aforraban en nada, e tampouco en teléfono. Así, en 2010 gastaron un total de 64.903’12 euros en teléfono, pero en 2011 xa se reduciu a 63.255’92 euros. E no que vai de ano, lévanse gastado 34.247’89 euros. Cremos que as diferencias son manifestas”.

Os populares subliñan que “co bipartito, había un total de 25 liñas de móvil, todas con acceso permitido a Internet. De feito a factura de maio de 2011, último mes completo de bipartito, abonáronse un total de 838 euros, máis IVA, polo consumo de móviles. Pola contra, agora co PP hai 16 liñas de móvil, 9 menos, sin acceso permitido a internet agás unha. Ademais, algúns móviles de determinados traballadores están preparados para chamar únicamente a teléfonos do propio Concello; e esto antes non acontecía”.

Desde o Equipo de Goberno sinalan que “tamén baixou o que se paga en cada factura. A última factura emitida por Telefónica sobre o consumo de móviles ascende a un total de 518 euros máis IVA, o que significa un aforro dun 38’5”.

Para o Grupo de Goberno burelés, “os socialistas, cada vez que abren a boca, menten a pata. Só son bós cando actúan como caraduras, algo ao que xa están acostumbrados. É realmente penoso o espectáculo que están dando: pedindo aforro cando eles despilfarraron o que quixeron e máis. Pensa o ladrón que todos son da súa condición”.

Exit mobile version