Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de goberno de Foz amosa tranquilidade diante dunha posible moción de censura

Logo das informacións publicadas polo portavoz do Psoe local respecto a unha posible moción de censura

Absoluta tranquilidade, e normalidade ante a dimisión do xoven deputado Socialista

Foz 18 de decembro de 2012. O goberno popular de Foz non mostra ningún tipo de sorpresa ante as informacións facilitadas por Val despois de anunciar a súa dimisión e a apertura de negociacións para pactar unha Moción de censura cos grupos da oposición.

Normalidade e tranquilidade porque non extraña a ninguén, que a oposición focense leva intentando bloquear, dende o inicio da lexislatura, a labor de Goberno de Foz, tentando paralizar dende o Pleno a actividade político, social e económica do pobo de Foz.

Soamente nos sorprenden os argumentos presentados polo Sr Val, non así a vontade e a actitude que reflexa a oposición focense que sempre se mostrou desleal aos intereses municipais. Argumentacións paragóxicos nos que culpan, entre outros, ao goberno de ter como obxetivo principal o de sanear as contas municipais.

Pois claro, obviamente recoñecemos que ese é un obxetivo primordial do actual goberno, logo despois de que o anterior goberno do Psoe onde tamén estaba Cancio, aniquilara un remanente de 6 millóns de euros e deixaran ademais 1,5 millóns de euros en facturas sen pagar, e o que é máis grave aínda, negarse acceder ao Plan de pago a provedores, coma o resto dos concellos, que dana directamente a liquidez das contas municipais.

Outra das grandes razóns que esgrime o dimitible Sr Val, é a de culpar ao PP de Foz de atentar contra a paz social no asunto da depuradora, cando quedou suficientemente demostrado no pleno, ante os propios veciños, que o único que está aportando solucións é o propio goberno e polo contrario é a oposición a que cambia de criterio según lle conveña, o que precisamente crispa á cidadanía.

Non obstante, preguntámoslle ao solitario Sr Val, si cree que con unha moción de censura vai a mellorar a paz social do concello?, cando todos sabemos que se trata dun dos actos máis agresivos en contra da decisión democrática do pobo que maioritariamente elixiu ao Partido Popular.

De verdade pensa Val, ou quen o dirixe, que propoñendo sustituir ao actual alcalde que conta coa maioría dos votos, polo numero 3 da lista do Psoe primeiro grupo da oposición, ou polo portavoz da terceira ou cuarta opción política, ¿vai a mellorar a paz e a xustiza social en Foz?

Dende o PP focense simplemente nos parecen cómicos e ridículos os argumentos do xoven Deputado socialista, e cremos sinxelamente que o problema é que non sabe dirixir o seu partido nun momento de clara crise de liderazgo, e está máis preocupado en facer as súas maletas para Santiago que de atender aos problemas locais.

Un Psoe Local que en menos de 5 meses veu como dimiten os seus portavoces de horizontes máis lexanos, un grupo municipal desmembrado, sen peso político, e sen liderazgo nin valentía, que busca regazo na sombra de quen os levou á oposición, en definitiva un Psoe que acaricia perigosamente o “botón roxo de OFF”.

Un grupo municipal descentralizado e que lle da a espalda á maioría dos seus afiliados e votantes,concelleiros que non están á altura do que se pide para liderar unha oposición responsable que axude a un goberno en minoría que diariamente lle está brindando chegar a acordos positivos para os seus veciños.

Non entendemos como un Sr coma Val, dí que abandona a política local, anunciando unha dimisión que o distancia dos veciños, e logo se postule como o rescatador das bases socialistas, aburridas de ver como se prioriza o futuro particular dun político antes que o dos seus propios veciños, afiliados e simpatizantes.

Tampouco entendemos a soidade na rolda de prensa do Sr. José Ramón Val, que tampouco pode esgrimir razóns políticas ou electorais para unha moción de censura por falta de respaldo dos cidadáns ao goberno local.

Todo o contrario, posto que nas últimas eleccións, nas que él foi candidato do Psoe a deputado, o PP de Foz gañou en todas as mesas electorais, nas 15, incluídas a de Vilaxone pola que se presentaba Val onde se sacaron os peores resultados da historia do Psoe de Foz.

Polo tanto, ao non entender razóns nin argumentos, ao non ver alternativa representativa da vontade do pobo, e por ver que o único problema existente é o propio que ten o Psoe de Foz, o grupo de goberno asume con total normalidade a nota de prensa de Val con tintes xustificativos e irresponsables, e fai uso dun dito popular moi apropiado para o órdago socialista do Sr Val, “XOGADOR DE CHICA, PERDEDOR DE MUS”.

Exit mobile version