Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP amósase satisfeito pola continuidade da lonxa de San Cibrao

Lamenta a ignorancia coa que unha e outra vez actúa o PSOE neste caso atribuíndo á Xunta a responsabilidade polas decisións dunha empresa privada: Porto de Celeiro

BALSEIRO AMÓSASE SATISFEITO COA CONTINUIDADE DA LONXA DE SAN CIPRIÁN

O deputado popular interesouse ante a sociedade que xestiona a lonxa sobre o futururo dun servizo dirixido a mariñeiros e mariscadores da zona

Cervo 15 de decembro de 2012.- O deputado popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, amosou a súa satisfacción logo de confirmarse que a a sociedade de armadores Puerto de Celeiro decidiu manter aberta e, polo tanto, dar continuidade á actividade da lonxa de San Ciprián.

Balseiro explica que cando tivo coñecemento da primeira intención de cesar na actividade desta lonxa mantivo reiterados contactos e desenvolveu distintas xestións diante da propia compañía xestora –Porto de Celeiro-, co patrón maior da confraría de San Ciprián e coa administración, que non tiña pensado facer público, porque o importante era o acordo sobre a continuidade non as xestións que fixeron posible o mesmo.

O deputado popular aclarou que foi esta sociedade armadora privada –porto de Celeiro- concesionaria da lonxa de San Ciprián, da que é titular a propia confraría quen logo de diversas xestións, vaoracións e xuntanzas adoptou a decisión final de abrila dous días á semana, como ata o de agora, e seguir facéndoo durante o 2013 en función da actividade de compra-venda que se manteña. De feito a lonxe precisa de persoas que decidan vender alí os seus produtos e de compradores que puxen polos peixes e mariscos.

O parlamentario valora esta nova oportunidade para a lonxa de San Ciprián que seguirá plenamente operativa ofrecendo os seus servizos aos usuarios, mariñeiros e mariscadores que así o desexen sen necesiadade de desplazarse a outras lonxas para vender os seus productos do mar.

IGNORANCIA POLÍTICA SOCIALISTA

O deputado popular lamentou as críticas dirixidas contra a súa persoa polo PSOE que están cargadas “de evidente ignorancia política impropia de calquera cargo publico que se prece”. De feito os socialistas non só confuden o Parlamento de Galicia coa Xunta, e polo tanto mesturan o Poder Executivo (goberno) co Lexislativo (Parlamento) ao asegurar que o propio Balseiro é un “membro da Xunta, algo que non é certo”, se non que además atribúen á Administración galega a responsabilidade sobre unha decisión –a continuidade de lonxa- que corresponde única e exclusivamente a unha empresa privada.

Exit mobile version