Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP considera imprescindible diferenciar o servizo de hemodinámica co resto dos servizos a implantar no HULA

O PP considera imprescindible diferenciar o servizo de hemodinámica co resto dos servizos a implantar no HULA

. O PP critica que sexa imposible chegar a acordos ata en asuntos tan sensibles coma a cidadanía lucense

. O PP lamenta a pouca implicación cos Concellos da provincia que qeuou plasamada co voto negativo a cumplir co Concello de Ourol

. No tocante a reestructuración do sistema financieiro, os populares avalaron o traballo que se está a facer por parte da Xunta de Galicia e pediron que se depuren responsabiliades e o castigo para os estafadores

Lugo, 26 de outubro de 2012- O Grupo Provincial está de acordo con implantar a unidade de Hemodinámica no Lucus Augusti xa que considera que se trata dunha actuación prioritaria para a provincia.

No relativo á dotación dos equipamentos de medicina nuclear e de radioterapia, os populares demandaron a administración autonómica unha especial consideración coa provincia de Lugo na aplicación dos criterios de organización de servizos, unha vez sexan aprobados e acordados no Consello Interterritorial do sistema nacional de saúde.

O Equipo de goberno votou en contra de asumir o convenio co concello de Ourol e demostrou a pouca sensiblidade xa que se trata dunha iniciativa para xerar emprego.

REESTRUCTURACIÓN DO SISTEMA FINANCIEIRO

En relación a reestructuración do sistema financiero, os populares avalaron o traballo que está a facer o Goberno Autonómico e pediron que se depuren responsabilidades e a non impunidade para os estafadores.
Destacaron os populares, a importancia da creacción do SAREB, a sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestructuración Bancaria, como instrumento que permite reestructurar o sistema financieiro dunha maneira pausada, sen as prisas que agobian as entidades privadas debido a súa rendición periódica de contas.

ORZAMENTOS

No tocante os orzamentos, aprobáronse en contra do PP, quen presentou tres alegacións e unha cuarta, a petición das entidades deportivas, posto que consideran que existe unha insuficiencia de crédito.

O Grupo Popular lamenta que dende a Deputación Provincial de Lugo deslixitimicen unha reclamación na que os populares plasmaban que a listaxe de subvencións nominativas destinadas a deportes sufriron importantes axustes “de xeito subxectivo, sin explicar as bases de execucións”; e sen ter informado previamente aos afectados que “se enteraron da diminución de recursos tan importantes na metade da tempada”.

Dende o Grupo Popular rexeitaron a argumentación a que fixo referencia o equipo de goberno ao asegurar que non é necesario xustificar os criterios de reparto das subvencións nominativas; o que, segundo explicou Elena Candia, “amosa un claro descoñecemento do mandato legal en relación a regulación do réxime xurídico xeral de subvencións”; que establece os principios de reparto baseados na obxectividade, igualdade e non discriminación; eficacia no cumplimento dos obxectivos fixados e a eficiencia na asignación de emprego dos recursos públicos.

Os populares tamén presentaron unha reclamación en torno a insuficiencia de crédito consignada en orzamento, co obxecto de garantir a Lei de Servizos Sociais e o decreto que a regula. Candia lamenta que a partida orzamentaria destinada a acción social non cubra o custe total do servizo, que tal e como anunciaron dende o equipo de goberno da Deputación, conlevaría un custo total superior aos 2,5 millóns de euros.

Unha insuficiencia de crédito amosada nos orzamentos para o cumprimento das obrigas esixibles en base as competencias propias da Deputación, que debe garantir a asistencia económica aos concellos e cuxan partidas non alcanza a cubrir o mínimo competencial. A Voceira popular lamenta que o 88,6 % dos concellos gobernados polo PP reciban soamente o POS (un programa ao que están obrigados por Lei), e as subvencións de cultura e deporte. Así, Candia preguntoulle ao presidente provincial se cunha cuantía media de 20.000 euros “garante a cooperación cos concellos”.

A Voceira dos populares asegurou que a súa persoa e a do seu equipo está lexitimada para presentar estar alegacións por “razón do mandato representativo recibido dos seus electores para impugnar os actos que contradigan o ordenamento xurídico”

Exit mobile version