Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP continúa coa oposición ao alcalde de Ribadeo pola perda do obradoiro

O deputado popular sospeita que a obsesión política do alcalde nacionalista contra a Xunta puido facer que presentara a documentación incompleta e fora de prazo dun xeito premeditado a pesares de saber o dano que facía aos intereses xerais dos veciños

BALSEIRO LAMENTA AS EVASIVAS DE SUÁREZ BARCIA PARA EVITAR EXPLICAR QUE LLE LEVOU A RENUNCIAR A UN OBRADOIRO DE EMPREGO

Os grandes prexudicados os 45 desempregados que puideron optar a unha contratación durante seis meses e xa non o farán polos erros do alcalde de Ribadeo

Ribadeo 15 de decembro de 2012.- O deputado popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, lamentou as continuas evasivas do alcalde nacionalista de Ribadeo, Fernándo Suárez Barcia, “nun desesperado intento por evitar ter que explicar ante os seus veciños que lle levou a renunciar a un obradoiro de emprego”.

O deputado popular non entende como o alcalde nacionalista de Ribadeo “sigue facendo como que non se entera, esperando que supostamente se lle notifiquen a denegación da concesión do obradoiro” cando está claro que teñen resolta esta mesma situación para todos os concellos veciños da comarca, que incluso xa están a piques de comenzar logo de rematar a selección do seu persoal e dos desempregados beneficiarios.

CONSCIENTE DE QUE FIXERON AS COUSAS MAL

Balseiro asegura que como alcalde o primeiro que debera ter feito é interesarse polas razóns da non chegada desta axuda da Xunta, tal e como fixo o propio deputado popular tras comprobar que Ribadeo non formaba parte da lista dos concellos beneficiarios, pero probablemente non actuou así porque era “plenamente consciente de que fixeron as cousas mal”.

O deputado popular asegura que Ribadeo presentou tarde e de xeito incompleto a documentación que se lle requiríu o que supón un “desestimento da axuda da Xunta e o arquivo do expediente”, feito que corroborará coa pregunta parlamentaria. Balseiro amosa as súas sospeitas ante a posibilidade de que a “obsesión política do alcalde nacionalista contra a Xunta” puido levarlle a presentar a documentación mal “dun xeito premeditado a pesares de saber o dano que facía aos intereses xerais dos seus veciños”.

BALÓNS FÓRA

De feito Balseiro cre que o alcalde “bota balóns fóra para desviar a atención sobre o seu comportamento neglixente” cando asegura que un xefe de servizo da Xunta contestara á responsable de emprego ribadense que “non lle ían a dar o obradoiro” xa que de ser así o primeiro que debera ter feito o alcalde e denunciar estes feitos ante o xulgado. O deputado dí que a alta taxa de desemprego e o contido do proxecto puido ser valorado con alta puntuación pola Xunta e hoxe Ribadeo dispoñer dun obradoiro de emprego ao que renunciou o alcalde pola súa “total incompetencia no seguimento dos trámites administrativos”.

OS GRANDES PREXUDICADOS: 45 DESEMPREGADOS

De feito, Balseiro volve a insistir en que os grandes prexudicados son as 45 veciñas e veciños de Ribadeo que na actualidade están desempregados e puideron optar a unha contratación durante seis meses. “Suárez Barcia debera como mínimo dar ante a veciñanza que lle paga o soldo as explicacións oportunas e incluso valorar a posibilidade de marcharse, posto que é incapaz de antepoñer os intereses xerais dos seus veciños aos intereses partidistas do BNG”-conclúe o deputado popular

Exit mobile version