Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP da Pontenova ve falta de planificación nas obras de iluminación da Estrada Xeral

O Partido Popular de A Pontenova denuncia falta de planificación nas obras de iluminación da Estrada Xeral de A Pontenova.

O PP de A Pontenova, entre as cuestións plantexadas ao alcalde no derradeiro pleno da Corporación, estivo a relativa ás obras de renovación da iluminación pública na Estrada Xeral de A Pontenova, en concreto, cando se ían a continuar e prazo de finalización da obra. O PP quere denunciar novamente a falta de previsión e planificación do equipo de goberno que dirixe Darío Campos, xa que este nos comunicou que non existía presuposto para rematar estas obras, que as mesmas se fixeran cunha subvención do Ministerio de Fomento e que decidiran facela, aínda sendo conscientes de que non ía poder realizar a renovación completa desta iluminación, sen nin sequera poder acometer unha marxe completa da travesía e sen o estudo de posibles alternativas. É dicir, acométese a obra sen saber nin cando se vai a poder completar.

Unha vez máis vense a demostrar que as poucas obras e inversións que se fan na Pontenova realízanse sen planificación, a maioría delas comézanse sempre, por casualidade, en vésperas de procesos electorais e despois non continúan, deixándoas incluso inacabadas e sen previsión para rematalas.

Exit mobile version