Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo propón “ordenar os recursos” para fomentar o turismo

A popular Elena Candia explicou onte na Casa da Xuventude un proxecto dirixido a dinamizar o turismo na localidade

Seguen sumándose apoios de establecementos hoteleiros, empresas privadas e particulares á folla de ruta promovida polo PP en materia turística

A portavoz popular fixo fincapé na necesidade de plantear obxectivos realizables a materializar con constancia e destacou a necesaria implicación de todos nun proxecto que fomente o turismo local

Candia agradeceu a colaboración e implicación dos asistentes á reunión, que coincidiron na necesidade de concretar actuacións inmediatas para aproveitar os recursos que presenta o municipio

A popular destacou a súa preocupación pola situación, sen precedentes, que vive Mondoñedo, e que require actuacións urxentes

O proxecto presentado polo PP procura a reordenación dos recursos, plantexando tres paquetes turísticos a comercializar: Mondoñedo, turismo verde; Mondoñedo, destino fin de semana e Mondoñedo, destino de visita dun día

Os populares lamentan que o equipo de goberno non fora quen de reorientar o investimento que herdaron para a posta en valor da Cova do Rei Cintolo, unha opinión compartida polos establecementos hoteleiros, que confirmaron que as visitas teñen pouca incidencia na hostalería, consecuencia dun alcalde, segundo a popular, que interpreta que “negociar é renunciar a todo”

Mondoñedo, 12 decembro de 2012.- A portavoz do Partido Popular, Elena Candia, xunto con outros membro do Grupo municipal promoveron onte unha xuntanza na Casa da Xuventude para explicar o proxecto no que están a traballar os populares, xunto con outros empresarios da zona, para dinamizar o turismo na localidade. A popular explica que durante a xuntanza propietarios de varios establecementos hostaleiros, empresas privadas e particulares manifestaron a vontade, como xa fixeran outros en reunións anteriores, a sumarse á folla de ruta do PP en materia turística.

Candia fixo fincapé na necesidade de plantexar obxectivos realizables a materializar con constancia e a implicación de todos. Así agradeceu a colaboración dos asistentes á reunión, que coincidiron na necesidade de concretar actuacións inmediatas e aproveitar os recursos que presenta a localidade.

Segundo explica a portavoz popular esta reunión tiña o fin construtivo de escoitar aos veciños que viven do sector turístico e analizar con eles diferentes aspectos que permitiran mellorar a folla de ruta proposta. Dado o respaldo acadado, os populares comprométense a continuar con este proxecto, agradecendo a boa resposta obtida.

Proposta para turismo

A portavoz popular refírese ao turismo como “un valor indiscutible en Mondoñedo, sendo imprescindible ordenar os recursos que presenta”. Coa estratexia de paquetizar estes recursos para a súa futura comercialización plantexan tres produtos aos que refiren como Mondoñedo, turismo verde; Mondoñedo, destino de fin de semana e Mondoñedo, destino de visita dun día.

Tralo deseño e materialización destes produtos; a popular asegura que a comercialización, sen dúbida, é a parte máis importante, explicando nestas reunións as canles que teñen previsto levar a cabo os populares.

Elena Candia puntualizou que están xa en marcha contactos con axencias de viaxes, con empresas de autobuses e solicitados con outras entidades relevantes en materia turística.

A sensibilización da xente e ser capaz de trasladarlles a ilusión e o convencemento de que este proxecto, coa axuda de todos, pode ser un feito; é o principal cometido que asumiu a popular nesta reunión. “Sen dúbida Mondoñedo está a vivir unha situación sen precedentes e evidentemente se gobernase este concello, a posibilidade de materializar este proxecto sería maior, pero aínda así, como partido ganador das municipais, debémonos á xente que confiou en nós e poñeremos todo o empeño, sen escatimar en traballo e esforzo, para desenvolver algo no que creemos. Temos que convencer aos veciños de que somos unha real alternativa de goberno”, asegura Elena Candia.

Fata de implicación do goberno local

Conscientes do potencial da localidade, o PP amosase crítico coa pasividade do bipartito e a falta de eficiencia na súa xestión. A popular asegura que o equipo de goberno cada día dá máis mostras de que “non ten proxecto, non ilusionan e semella que o único obxectivo e perpetuarse no sillón”.

Sen dúbida, a popular asegura que se traballará para conseguir a implicación do goberno local, “dado que hai determinadas actuacións que só eles poden facer”. Aínda así e co obxectivo de facilitarlles o traballo, o PP presentará, no seu momento, unha ordenanza reguladora do turismo na localidade para corrixir determinadas deficiencias de xeito inmediato. Como exemplo a popular cita o horario da oficina de turismo, a posta en valor de elementos de titularidade e responsabilidade de xestión municipal ( como o Centro Cultural Álvaro Cunqueiro) ou, entre outros, a escasa e deficiencia utilización da sala de usos múltiples da biblioteca a pesar da súa óptima utilidade.

PARTIDO POPULAR

Exit mobile version