Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ourol en desacordo cos argumentos dos socialistas sobre o polígono industrial

O PP de Ourol asegura que os argumentos dados polos socialistas no pleno municipal mostran o seu desinterese polo Polígono Industrial

Ourol 14 de decembro de 2012. O PP de Ourol lebra que o pasado día 12 de decembro, tivo lugar a sesión plenaria municipal, na cal, a Orde do día contiña, no punto segundo, una moción do grupo popular referente ao Polígono Industrial de Ourol e o seu acceso.

Tras debatir sobre a situación de dito polígono e o seu acceso, cuxa propiedade é da Deputación de Lugo, os populares aseguran que se chegou a un punto no que o voceiro do grupo municipal socialista comprometeuse a allanar unha parcela e arranxar a estrada de acceso ao polígono no caso de que aparecese un empresario con compromiso firme de compra da parcela e da instalación dunha empresa na mesma.

Ante esta situación, os populares de Ourol pregúntase:

Si como parece, o PSOE pode afrontar estas obras sin ningún problema xa que se comprometen en firme a desenvolvelas só con que se cumpra unha condición, ¿por qué se arranxa o acceso para unha empresa nova e non para a existente no polígono?

¿Non lle parece ao voceiro socialista de Ourol que para vender unha parcela do Polígono de Ourol ou do que sexa, a primeira condición é facela comercialmente apetecible, ou, ao menos, facela vendible e para eso, primeiro hai que crear as condicións axeitadas para iso

¿Non cree o o voceiro que esta actuación do seu grupo respecto ao tema do polígono sí que ten un carácter meramente político e que olvida totalmente o que é beneficioso para o seu concello?

O PP de Ourol asegura que os argumentos dados polos socialistas no pleno municipal mostran o seu total desinterese polo Polígono Industrial.

Exit mobile version