Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo di que hai suciedade presente e acumulada no Parque da Iglesia

O PP de Ribadeo denuncia a suciedade presente e acumulada no Parque da Iglesia

. Escasez de colectores de lixo e os poucos existentes sucios son a tónica predominante neste entorno

. A existencia dun banco repleto de excrementos de palomas, impide facer uso do mesmo e o único que reflicte é o estado de descuido no que se atopa o Concello, froito da pasividade do rexedor

Ribadeo, 19 de decembro de 2012.- O Presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, denunciou esta mañá o estado de suciedade que presenta o Parque da Iglesia.

“Os colectores de lixo só existen na zona norte do parque, posto que a zona sur carece dos mesmos. Para colmo, os únicos existentes están sucios”- afirma López Penabad, quen atribúe este estado de suciedade a pasividade do rexedor ribadense.

Critica tamén o popular, o estado de asquerosidade e descuido, no que se atopa un banco presente no lugar, xustamente ao carón da parada de taxis e enfrente á antiga oficina de turismo.

“Un banco repleto de excrementos de palomas, sen limpar, que impide que calquera cidadán que lle apetezca sentarse ou que esté esperando un taxi, non poida facer uso do mesmo”, denuncia López Penabad, quen engade que o feito de atoparse nesta situación impide facer uso del e o único que reflicte é a imaxe dun Concello sucio e descuidado.

Afirma o popular que un parque ao que acuden familias con nenos para xogar e divertirse, anciáns para pasear e establecer conversas con veciños se atope nestas circunstancias, reflicte claramente a nula preocupación do rexedor polos veciños e

O Presidente do PP de Ribadeo insta ao rexedor a que se poña a traballar, limpe as papeleiras e o banco para que Ribadeo goce dunha boa limpeza, posto que a existencia deste tipo de materiais, sucios e descuidados, o único que fan é, crear malestar entre os cidadáns e danar a imaxe de Ribadeo.

Exit mobile version