Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo indica que unha finca cedida polos veciños para un fin está sendo utilizada como entulleira

Unha finca cedida para un fin, que na realidade, nada ten que ver co acordado inicialmente

López Penabad: “Logo de que os veciños de Piñeira cedesen os terreos para construír unha área recreativa, Suárez Barcia destinaa a depositar entullos”

. Os veciños de Piñeira cederon os terreos, da súa propiedade, ao Concello para que este construíse unha área recreativa; desgraciadamente, atópanse que doaron as fincas para desempeñar a función dunha entulleira

. Unha vez depositados na finca os restos de podas, estes quéimanse, polo que se poñen en perigo unhas cabanas de madeira que se atopan nunha finca colindante

Ribadeo, 13 de decembro de 2012.- O Presidente do Partido Popular de Ribadeo denunciou esta mañá o incumprimento por parte do rexedor logo de empregar unha finca, cedida polos veciños, cun fin totalmente distinto ao acordado a priori.

“Os veciños de Piñeira cederon unha finca, da súa propiedade, ao Concello coa condición de que este construíse unha área recreativa. O rexedor, en vez de levar a cabo o acordado, deposita no lugar os restos de podas, que logo as queima”- denuncia López Penabad.

O popular ribadense critica ademáis o perigo que supón a queima destes restos, xa que na finca colindante atópanse cabanas de madeira que o propietario construíu para refuxio de gando.

“Que Suárez Barcia empregue a finca con fins que non se acordaron é motivo de denuncia, xa que foi un engano aos veciños pero que a maiores, se queimen os entullos, pon en perigo a vida dos animais que se refuxian nas cabanas da finca colindante”- manifesta Jesús López Penabad.

O Presidente do PP de Ribadeo afirma que non se pode enganar aos veciños posto que se ilusionaron con poder disfrutar dunha área recreativa e o que están a ver e como día tras día se están a acumular entullos para logo queimarse, poñendo en perigo a vida de animais que se refuxian en cabanas de madeira situadas na finca colindante.

Exit mobile version