Tra-la negativa do Goberno Municipal de debatir a moción popular
O Bipartito riotortense non quere que se remate a estrada Riotorto -Marco de Alvare
. Os populares pídenlle ao Equipo de Goberno que explique por qué non quere que se rematen as obras
. Alcalde e tenente de alcalde negáronse a debater a moción presentada polos populares na que se demandaba á Deputación que procederá na maior brevidade posible a reanudar as obras da estrada Riotorto-Marco de Álvare
. Os populares solicitaron esta mañá, no rexistro do Concello, a celebración dun pleno extraordinario para obrigar ao Equipo de Goberno a debater a súa moción
. O PP de Riotorto denuncia a pasividade por parte do Goberno municipal, quen elude os problemas e necesidades dos veciños
Riotorto 5 de decembro de 2012. O PP de Riotorto denunciou hoxe a pasividade por parte do Bipartito riotortense, quen quere que non se remate a estrada Riotorto-Marco de Alvare; outro feito máis no que demostra que as preocupacións e necesidades dos veciños non lle importan.
“Levamos alertando e denunciando dende hai tempo que a Deputación de Lugo ten paralizadas as obras deste vial. “A gota que colma o vaso” ven agora, cando alcalde e tenente alcalde se negan a debater a moción que presentamos para que o Organismo Provincial reanudase as obras da estrada Riotorto-Marco de Alvare”-manifesta o PP.
Os populares afirmaron que o día 27 de novembro rexistraron unha moción na que se instaba ao Ente provincial a que reanudase as obras de mellora na maior brevidade posible e a que readmitise este acordo a tódolos grupos políticos da Deputación.
“O día 28 de novembro o rexedor fixo a convocatoria do pleno ordinario do 3 de decembro e non meteu na orde do día a moción. O PP intentou meter na sesión plenaria deste luns, día 3 de decembro, por vía de urxencia, a moción, pero non foi debatida porque o BNG e PSOE non quixeron introducila como asunto a debater.
Debido a esta negativa, o PP de Riotorto solicitou esta mesma mañá no rexistro do Concello a celebración dun pleno extraordinario para obrigar ao Equipo de Goberno a debater a súa moción.
Os populares afirman que esta é unha mostra máis de que ao Equipo de Goberno de Riotorto non lle interesa que se rematen as obras da estrada Riotorto-Marco de Alvare e pídenlle que explique o por qué.