Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP detecta erros na partida dos orzamentos provinciais para a promoción e fomento do deporte

Orzamentos Provinciais 2013

Os orzamentos provinciais para o 2013 non respaldan as afirmacións verquidas no tocante ao deporte

. O Equipo de Goberno manifestou un descenso de 832.000 euros cando en realidade o descenso é de 1.092.000€, un 27,5% menos que na anualidade anterior

. O PP afirma que non se aplica transparencia na reducción de subvencións nominativas ás entidades deportivas, posto que algunhas sufren reduccións de ata un 40%

Lugo, 5 de decembro de 2012-. Se no día de onte a Voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, denunciaba as mentiras por parte do Equipo de Goberno da Deputación de Lugo nun tema tan importante e delicado como é o Benestar Social hoxe detecta erros na partida para promoción e fomento do deporte.

“O Equipo de Goberno da Deputación de Lugo fala dun descenso de 832.000 euros en Deporte, cando en realidade, o descenso é de 1.092.000€, o que supón un descenso de 27.5% menos que na anualidade anterior”

A voceira dos populares denuncia a falta de transparencia e de información na distribución das subvencións nominativas destinadas a entidades deportivas e pregúntase cal é o criterio que seguíu o Equipo de Goberno para repartir tales cantidades

“Do estudo comparativo entre a relación de subvencións nominativas do ano 2012 e 2013, comprobamos descensos de ata un 40% en algunhas entidades deportivas; pero, sin embargo, noutras, detectamos ascensos notorios”- manifesta Candia, quen di que esta acción pode chegar a preocupar e xerar malestar posto que a priori parece un trato discriminatorio.

Concluíu Elena Candia manifestando que con mentiras non se vai a ningunha parte e instou a Gómez Besteiro a tomar exemplo dos populares, quenes traballan con rigor e cunha boa xestión.

Exit mobile version