Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que os datos do orzamento relativos a Benestar non cadran coas afirmación do equipo de goberno da Deputación

As cantidades económicas para o 2013 non respaldan as afirmacións do Equipo de Goberno no tocante a Benestar

. O Equipo de Goberno afirmou que incrementou nun 100% as axudas para o Servizo de Axuda no Fogar cando os datos mostran que a suba foi do 4.31%

. Omiten que nas transferencias para Benestar comunitario a familias e institucións sen fin de lucro, reducen a partida nun 95,75%

. O rigor e a boa xestión son as principais características dos populares, máxime nun tema tan importante e delicado como é o benestar social

Lugo, 4 de decembro de 2012-. A Voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, denunciou esta mañá as mentiras por parte do Equipo de Goberno da Deputación de Lugo nun tema tan importante e delicado como é o Benestar Social.

“As cantidades económicas para o 2013 non respaldan as afirmacións do Equipo de Goberno no tocante a Benestar. Manifestaron o incremento do 100% nas axudas para o Servizo de Axuda no Fogar cando os datos mostran que foi do 4.31%”

Elena Candia mostrou tamén as súas críticas posto que o Equipo de Goberno omitíu que nas transferencias para Benestar comunitario a familias e institucións sen fin de lucro reducíu a partida nun 95,75%

Logo de que onte se celebrase o Día Internacional da Discapacidade e vista a falta de implicación por parte do Equipo de Goberno na Área de Benestar, Candia manifestou que compre denunciar as mentiras e a pasividade do Señor Besteiro, quen presume da súa implicación nos diferentes eidos cando a realidade é outra.

“Dime de que presumes e direiche de que careces. Algo que vai totalmente acorde co Señor Besteiro e o seu Equipo de Goberno”-manifestou a popular.

Concluíu Elena Candia, que a diferenza do Presidente da Deputación, cuxa única preocupación é alardear con mentiras e proxectar a súa imaxe, os populares preocúpanse polo rigor e a boa xestión.

Exit mobile version