Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP preguntará no pleno provincial cales foron os criterios para o reparto das subvencións nominativas aos clubs deportivos

Ante o escrito presentado por diferentes clubs deportivos e tendo en conta a desestimación destas alegacións por parte do ente provincial

O PP preguntará no pleno provincial cales foron os criterios empregados por Besteiro para o reparto das subvencións nominativas aos clubs deportivos

. Candia explica que hai entidades ás que se lles incrementou a contía nun 41.17%, mentras que outras sufriron unha rebaixa do 30%

. Os populares critican falta de seriedade nunha actividade como é o deporte e a nula información outorgada aos clubs, posto que descoñecen os criterios de reparto, e non foron informados de estas reduccións

Lugo 21 de decembro de 2012.- Ante o escrito presentado por diferentes clubs deportivos da provincia de Lugo e tendo en conta a desestimación destas alegacións por parte da Deputación, a voceira dos populares, Elena Candia, anunciou esta mañá que o seu partido preguntará na sesión plenaria do vindeiro mércores, cáles foron os criterios empregados polo Organismo Provincial para ter o resultado obtido no reparto de subvencións nominativas, tendo en conta que hai entidades que se lles incrementou a contía nun 41.17% mentras que outras sufriron unha rebaixa do 30%.

Criticou a popular a falta de seriedade nunha temática tan importante como é o deporte e a nula información proporcionada aos clubs, posto que, a día de hoxe, descoñecen os criterios de reparto, e non foron informados de estas reduccións

Lembra a popular que os populares criticaron no seu momento a falta de transparencia na reducción de subvencións nominativas ás entidades deportivas, alertando, ademáis, que os orzamentos para o 2013 non respaldaban as afirmacións verquidas no tocante a deporte.

Conclúe Elena Candia, criticando, sen demagoxia, a incorrecta xestión por parte da Deputación de Lugo.

Exit mobile version