Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP solicita ó Concello de Mondoñedo que active o dispositivo de iluminación na estación de autobuses

Mondoñedo, 28 de decembro de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo trasládalle ao equipo de goberno local, a través dun escrito rexistrado hoxe, as reivindicacións dos usuarios da estación de autobuses, que manifestan as súas queixas dada a falta de iluminación nas dársenas do recinto; unha vez que os municipais cerran o edificio da estación. Así, os populares esíxenlle ao Concello de Mondoñedo que habilite de xeito eficiente o sistema de iluminación da estación de autobuses garantindo así a seguridade dos usuarios .

A portavoz do Partido Popular, Elena Candia, explica que esta petición trátase dunha reivindicación dos pais, alumnos universitarios e demais usuarios que fan uso das liñas de autobús en horarios de última hora da tarde ou primeira da mañá. Candia asegura que os usuarios vense na obrigación de iluminar o recinto da estación cos propios faros dos coches mentres non chega o autobús.

Tralo peche do edificio, a falta de iluminación nas dársenas dos autobuses provoca intranquilidade, medo e inseguridade polos usuarios da estación de autobuses; polo que a popular cualifica de “necesario” o estudo da posta en funcionamento do sistema de iluminación da estación “garantindo así correctamente a oferta do servizo, independentemente da hora”.

O Partido Popular amosase aberto ao diálogo e asegura que se chegarían a aceptar medidas como a dotación de luz no recinto durante os días de maior demanda. Porén, sempre garantindo a necesaria racionalización do gasto, a popular esíxelle que se dea resposta as demandas dos usuarios da estación de autobuses e que se ofreza o servizo nas mellores condicións posibles, restablecendo a seguridade do usuarios, dado o medo que entraña a localización.

Exit mobile version