Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP xustifica a retirada de subvención a Prescolar na Casa porque ” a situación do rural é moi distinta á de hai 35 anos”

Marisol Piñeiro eloxiou o traballo desempeñado por todos os profesionais que participaron no proxecto ó longo dos últimos anos “contribuíndo a diminuír os efectos negativos da dispersión poboacional sobre os nenos do rural galego”

O GRUPO POPULAR CONSIDERA QUE “A SITUACIÓN DO RURAL GALEGO É MOI DISTINTA DE FAI 35 ANOS E QUE A FUNDACIÓN PREESCOLAR NA CASA NON EXISTE COMO TAL” PARA REXEITAR UNHA INICIATIVA NO PARLAMENTO

“A gran labor social e educativa do programa vese superada neste momento por unha realidade moi distinta, cunha rede viaria ampla e extensa, transporte escolar que da acceso aos nenos do rural á centros educativos, a universalización da educación no tramo de 3 a 6 anos ou o importantísimo incremento de prazas públicas en Escolas Infantís” segundo a deputada popular

Marisol Piñeiro recordou “as cantidades moi importantes de recursos públicos aportados pola Xunta ao servizo dun proxecto que complementaba as accións sociais e educativas do Goberno galego nun momento de complicadísima situación económica”

Santiago, 18 de decembro de 2012.- O Grupo Popular considera que “a situación do rural galego é moi distinta que fai 35 anos e a Fundación Preescolar na Casa non existe como tal” para rexeitar a iniciativa lexislativa popular debatida hoxe no pleno do Parlamento. Segundo a deputada popular Marisol Piñeiro a Fundación que levaba ese nome “xa non existe e o programa diseñado para atender a nenos/as de 0 a 6 anos xa está asumido polas Escolas Infantiles da Consellería de Traballo e Benestar no caso dos menores entre 0-3 anos e polo sistema educativo galego ós tramos de 3-6 anos”.

A deputada do PPdeG eloxiou o traballo desempeñado por todos os profesionais que participaron no proxecto ó longo dos últimos 35 anos,

“contribuíndo a diminuír os efectos negativos da dispersión poboacional sobre os nenos do rural galego”. Nembargantes, segundo Marisol Piñeiro, a situación do rural galego e a realidade social e educativa distaba moito da que existe na actualidade.

Así indicou que entre as principais novidades figura unha rede viaria ampla e extensa ó longo de toda Galicia e un transporte escolar que da acceso aos nenos do rural aos centros educativos. Así mesmo indicou que no eido educativo “contamos actualmente ca universalización da educación no tramo de 3 a 6 anos e houbo un importantísimo incremento de prazas públicas en Escolas Infantís, que dan atención ó tramo de 0 a 3 anos con, por exemplo, 3000 prazas novas na pasada lexislatura”.

Marisol Piñeiro recordou “as cantidades moi importantes de recursos públicos aportados pola Xunta ao servizo dun proxecto que complementaba as accións sociais e educativas do Goberno galego nun momento de complicadísima situación económica”. Así relatou que a Consellería de Traballo firmou convenios nos anos 2009 e 2010 por un valor total de 1 millón de euros e no 2011 concedeulles subvencións por un importe de case 300.000 euros, tendo que renunciar a Fundación a parte deles por estar xa inmersos nun ERE.

A deputada popular tamén recordou que a Consellería de Educación “sempre se facilitou o uso de instalacións educativas, continuou aportando profesorado propio en comisión de servizos cun custo anual de máis de 400.000 euros que, por certo foi reducido polo goberno bipartito, en plena bonanza económica, pasando de 22 a 13 mestres, ademais de diversas e importantes cantidades económicas en convenios e subvencións”.

Para Marisol Piñeiro “a vista dos feitos non se pode botar ás costas dun goberno responsable a intrincada situación pola que pasa a Fundación de carácter privado Preescolar na Casa e nos 35 anos de vida do Programa e 11 de Fundación houbo tempo, máis que suficiente, para explorar outras vías de financiamento, que os levaran a poder autoxestionarse e a traballar independientemente das axudas das administracións, neste caso da Xunta de Galicia”.

Segundo a deputada do PPdeG a prioridade do actual goberno da Xunta de Galicia no eido educativo é seguir sendo un ensino reglado e a prestación dun ensino público de calidade e no eido asistencial está centrado en preservar os programas de atención á infancia e os programas de acollemento e de integración familiar e en apoiar aos colectivos máis vulnerables”. Nese sentido indicou que “ “conscientes da complicadísima situación económica que estamos a vivir é unha época de importantes restriccións, de tomar decisións axeitadas e de prioridades polo que é moi importante o sobreesforzo que se está a facer para que Galicia siga sendo unha comunidade solvente considerando prioritaria e básica a aposta polos servizos básicos e asistenciais á cidadanía”.

Exit mobile version