Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz asegura que sempre puxo por riba de todo os intereses dos veciños

A executiva do PSdG de Foz, respóndelle ao alcalde Castiñeira dicindo que no que vai de lexislatura o Partido Socialista de Foz puxo por riba de todo sempre os intereses dos veciños; e hai exemplos que así o amosan.

Facilitamos a aprobación dos presupostos municipais do exercicio 2012, condicionados á inclusión dun plan de emprego polo que a día de hoxe hai mais de 20 veciños do noso concello que contan con un posto de traballo.

O que nos chama poderosamente a atención é que para o Partido Popular só se ten que dar a responsabilidade e a lealdade cando eles gobernan, hai uns anos cando estaban na oposición e o que gobernaba era o Partido Socialista non lles debía de preocupar moito esa responsabilidade que hoxe reclaman, votaron en contra de tódolos presupostos presentados a partir do ano 2008, votaron en contra da taxa de depuración que lastraba ó concello con máis de 400.000 euros anuais, votaron en contra da actualización das taxas do servicio de abastecemento e agora a empresa adxudicataria do servicio reclama preto de 500.000 euros… esa foi a seriedade e responsabilidade que amosou o PP cos veciños e veciñas de Foz.

No tema da depuradora non debe esquecerse o señor Castiñeira que foi o seu partido o que paralizou o proxecto que o PSOE tiña, que non era outro que sacar a depuradora do casco urbano de Foz e instalala na parroquia de Forxán.

A día de hoxe, o PSOE segue e seguirá na mesma liña, entendemos que é necesario darlle unha resposta ao problema da depuración en Foz, que é necesario buscar unha nova ubicación á estación depuradora, pero non compartimos a pretendida polo alcalde e polo equipo de goberno, non nos parece o sitio axeitado sobre todo porque se pretende instalar nunha parroquia que xa conta coa súa propia depuradora.

Estamos dispostos a tenderlle unha man ó equipo de goberno para buscar e solucionar o principal problema, que é sacar a depuradora do casco urbano, non temos inconvinte en facultalo para a compra dos terreos, para instar ó Goberno Galego a que se inicie o proxecto e o que sexa menester, pero eso si, sempre e cando a ubicación non sexa na parroquia de Fazouro.

Exit mobile version