Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Lugo recibe decenas de correos electrónicos con propostas da militancia para o encontro deste sábado

O PSdeG de Lugo recibe decenas de correos electrónicos con propostas da militancia para o encontro deste sábado

Os militantes están convocados mañá a partir das 10.30 na Facultade de Veterinaria para participar na “construción dunha nova etapa” desde Lugo

O PSdeG de Lugo recibiu durante esta semana decenas de correos electrónicos de militantes e simpatizantes con ideas e propostas para o encontro Partido Aberto, Goberno Aberto de mañá, sábado. Todos os militantes poderán pedir a palabra para intervir coa fin de escoitar as súas aportacións e seguir coa folla de ruta da provincia para a construción dunha nova etapa. O secretario xeral lucense, José Ramón Gómez Besteiro, definiu a cita como “unha forma distinta de traballar” para “o reencontro coa militancia como paso previo ao reencontro coa sociedade”.

Moitos dos militantes que non poden acudir ao encontro, previsto a partir das 10.30 horas na Facultade de Veterinaria e sen límite horario establecido, e outros que si acudirán, optaron por enviar as súas ideas previamente ao correo electrónico que puxo o partido á súa disposición. Desde o PSdeG de Lugo agradecen a gran acollida e participación e as interesantes aportacións da militancia, así como as felicitacións recibidas tamén desde outras provincias galegas por levar a cabo esta iniciativa. Tamén destacan cartas especiais como algunha dos militantes con máis antigüidade do partido e outras chegadas de fóra de Galicia e de España, como a dun afiliado que escribe desde Bos Aires.

Exit mobile version