Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE reclámalle ao presidente da Xunta que “dea a cara” e “esperte ante o drama do paro que vive a provincia”

O PSdeG de Lugo reclámalle a Feijóo que “dea a cara” e
“esperte ante o drama do paro que vive a provincia”
Lugo volve a rexistrar a maior suba do desemprego de Galicia, con 1.580 parados
máis en só un mes e un 11,52% de aumento nun ano. “Mentres Lugo vai en
picado, o presidente da Xunta só está preocupado por chegar a pactos para
silenciar as protestas e toma con calma os acordos reais co sector lácteo ou de
Alcoa”, critica o secretario de organización, Carlos González Santín
O secretario de organización do PSdeG-PSOE en Lugo e voceiro socialista de Economía no
Parlamento, Carlos González Santín, reclámalle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez
Feijóo, que “esperte xa ante o drama do desemprego” que vive a provincia, despois de
coñecer os últimos datos do Ministerio. Lugo volve rexistrar a maior suba do paro en Galicia,
con 1.580 persoas máis sen traballo en só un mes, e cun aumento do 11,52% nun ano, e
acércase aos 28.000 parados (27.903).
“Mentres a provincia vai en picado, Feijóo só está preocupado por chegar a pactos para
silenciar os problemas e as protestas, e toma con calma os acordos reais para solucionar
situacións de máxima gravidade, como a do sector lácteo ou Alcoa”, critica González Santín,
que lle reprocha ao presidente da Xunta que “non é quen de dar a cara”.
“O novo conselleiro ten moito que facer”
Asimesmo, o secretario de organización lucense espera que o nomeamento do monfortino
Francisco Conde como conselleiro de Economía e Industria sirva realmente de algo a Lugo.
“Lembrámoslle que ten moito que facer; espéranlle situacións totalmente prioritarias como o
lácteo, Alcoa, Cosmos e unha auténtica sangría de EREs en toda a provincia, así que
desexamos que se poña a traballar xa e dea mostras dalgún cambio despois do absoluto
abandono de Lugo e a indiferencia do goberno do PP nos últimos catro anos”, asegura o
socialista

Exit mobile version