Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiros de balde da Escola de Música e Danza de Ribadeo para os máis pequenos

A ESCOLA DE MÚSICA E DANZA DE RIBADEO IMPARTIRÁ VARIOS OBRADOIROS GRATUITOS AO LONGO DOS VINDEIROS DÍAS DESTINADOS AOS MAIS PEQUENOS E PEQUENAS DA CASA.

Ribadeo, 19 de decembro de 2012. Este ano como novidade, o profesorado da EMMeD de Ribadeo, impartirá diferentes obradoiros gratuítos entre os días 26 e 29 decembro. Son os seguintes:

-Xornadas de danza e piano: 26, 27 e 28 de decembro

De 10.00 a 11.30 horas: Danza clásica (alumnas de ballet 2 e 3)

De 11.30 a 12.30 horas: Danza contemporánea (alumnado de 8 a 10 anos)

De 12.30 a 13.30 horas: Danza contemporánea (alumnado a partires de 10 anos)

*As clases terán lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval

-Obradoiro de informática musical. Edición de partituras: 26, 27 e 28 de decembro

De 10.00 a 13.00 horas.

-Obradoiro de Música tradicional: 28 e 29 de decembro

Percusión tradicional – 28 e 29 de decembro de 16.00 a 20.00 horas

Gaita – 29 de decembro de 16.00 a 20.00 horas

*Alumnado de 8 anos en diante

-A música programática: conto musical (sección de corda fretada): 27 e 28 de decembro, 3 e 4 de xaneiro.

De 11.00 a 13.00 horas

*Alumnado de 10 anos en diante con coñecementos en instrumentos de corda fretada.

-Obradoiro de guitarra: 26, 27 e 28 de decembro

De 11.00 a 14.00 horas

Alumnado de 10 anos en diante con coñecementos en guitarra.

-Obradoiro de construción de instrumentos rudimentarios: 26 de decembro de 17.00 a 20.00 horas.

*Alumnado de 4 a 8 anos.

Os interesados en asistir a algún destes obradoiros poden dirixirse ás propia Escola a realizar a inscrición. Tamén poden chamar ao teléfono 982 130 856 ou a través de internet en http://emmedribadeo.wordpress.com

Exit mobile version