Os nosos mozos deportistas que acudiron ao evento non o puideron facer mellor; os irmáns Galante Briones, foron proclamados campións galegos na modalidade de arco recurvo, nas súas correspondentes categorías.
Anxo Galante Briones competiu na categoría Benjamín, realizou un primeiro raund bastante nervioso ao principio pero logrou superalo á vez que avanzaba a competición terminaría no descanso con 126 puntos sobre 150 máximos posibles, e encabezando a súa categoría, despois do descanso un pouco mais tranquilo, fixo un segundo raund espectacular finalizando con 130 puntos. Logro dar no centro da diana un total de cinco veces, e en once ocasións logrou colocar as súas saetas no 9. Co resto de puntuacións obtidas logrou sumar un total de 261 puntos (300 puntos máximo), o que lle valeu ser proclamado Campión Galego Benjamín; non só conseguiu o título, senón que á vez bateu a súa anterior marca de 253 puntos obtidos o sábado pasado no X Trofeo Federación-Xunta Salga categorías infantil, Benjamín, Alevín e Ardilla celebrado en Silleda.
Pola súa banda o seu irmán Gabriel Galante, como era de esperar fíxose novamente co título de Campión Galego en SALA, e do mesmo xeito que Anxo bateu a súa marca persoal de 575 puntos (sobre 600 de máxima) obtida tamén en Silleda o pasado sábado, quedando tan só a 11 puntos de igualar a plusmarca nacional; e fixando o seu novo record persoal en 582 puntos. Gabriel ao contrario do seu irmán, iniciou o campionato moi seguro, finalizando un primeiro raund con 290 puntos (300 de máxima) e superándose no segundo raund cunha puntuación de 292. Un total de corenta e tres 10, dezaseis 9 e un 8 deron esta espectacular puntuación, sen dúbida estivo sobresaliente, pero aínda non é suficiente para igualar a plusmarca que cada vez se vai achegando aos poucos.
Por outra banda a nosa nova incorporación ao Club Francisco Melo Bothelo, tamén logrou bater a súa marca persoal de 409 puntos, que do mesmo xeito que os irmáns Galante obtivo en Silleda. Francisco inicio un primeiro raund bastante seguro de se mesmo finalizando 5º con 223 puntos, xa na segunda parte o cansazo fixo acto de presenza e iso notouse nas súas tiradas, as súas frechas quedaban pola zona inferior da diana ata que logrou corrixir o defecto e empezou a asestar na zona do 9, a súa reacción foi tardía polo que a súa puntuación resentiuse á baixa tan só 219 puntos o que ocasionaría que non puidese entrar nas eliminatorias por pouco tan só 23 puntos, que lle separaron da cuarta praza e a opción a disputar as eliminatorias, no entanto conseguiu o total de 442 puntos, superando en 33 puntos a súa anterior marca.
Finalizada as series clasificatorias, iniciaríanse as eliminatorias na categoría Infantil; Gabriel aínda que un pouco nervioso (se notaria na desagrupación das frechas) pero certeiro, lograría imporse co resultado de 6-0, a Adrián Sirgado da Escola Lucense, e repetindo resultado contra o representante do Club Silex (As Pontes) Borja Varro.
A próxima cita para os nosos porteiros, o día 16 de decembro en Arteixo, onde se celebrará o Torneo de Nadal, con recoñecemento nacional das marcas que se consigan; o mesmo celebrarase simultaneamente en todo o territorio nacional e servirá para confeccionar o ranquin nacional de tiro en sala.