O servizo de Normalización Lingüística do Concello de Foz a través da Rede de Dinamización informa que todos os nenos que así o desexen terán as súas cartas do Reis Magos na Biblioteca Municipal e no Mercado da Ilusión. ¡Os Reis Magos hanse poñer moi contentos cando os nenos e nenas galegos lles escriben na lingua propia de Galicia!