Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Secretarios Xudiciais de Lugo amosas o seu total rexeitamento ao incremento das taxas xudiciais

O meu nome é María de los Ángeles López Carballo, Secretaria Xudicial do Xulgado Social 3 de Lugo.

Remítolles nota de prensa da Asamblea de Secretarios Xudiciais celebrada na Biblioteca do edificio dos xulgados da Rúa Armando Durán s/n de Lugo

A maioría do Secretarios Xudiciais do Partido Xudicial de Lugo, aos que se adhiriron a Secretaria Xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Fonsagrada, a Secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución 2 de Vilalba e dúas Secretarias Xudiciais titulares en prácticas, celebraron a Asamblea de Secretarios Xudiciais convocada para o día de hoxe, 14 de decembro de 2012, ás 13:30 horas na Biblioteca do edificio dos Xulgados de Lugo chegando aos seguintes acordos:

1.- Mostrar total rexeitamento ao incremento das taxas xudiciais para o acceso dos cidadáns á administración de xustiza esixindo a inmediata derrogación da lei 10/12 de 20 de novembro.

2.-Esixirlle á Xunta de Galicia que exerza as competencias asumidas en materia de administración de xustiza e adopte, sen dilación, un programa para a implantación, no máis breve prazo posible, da Oficina Xudicial dotándoa dos medios técnicos e persoais necesarios para permitirnos exercer as nosas funcións coa calidade que os cidadáns merecen e mellorar, en todo caso, os tempos de resposta e o servizo da administración de xustiza.

Asimesmo que os equipos de grabación se adecúen ao esixido pola Lei de Axuizamento Civil dotando aos Secretarios Xudiciais de sinatura electrónica, posto que houbo xuízos que tiveron que ser declarados nulos e repetidos por estar obsoletos os sistemas actuais.

Noutras comunidades autónomas, xa hai tempo que se implantou o novo sistema de grabación.

3.-Rexeitar a privatización do Rexistro Civil que debe continuar a ser unha oficina pública que ofreza un servizo aos cidadáns totalmente gratuito e rexeitar, do mesmo xeito, a privatización da execución das sentenzas xudiciais que debe estar dirixida e controlada, en todo momento, polo órgano xudicial.

4.-Solicitar do Ministerio de Xustiza a equiparación das condicións laborais dos Secretarios Xudiciais coas dos Fiscais por pertencer ambos colectivos de funcionarios ao mesmo Grupo A1 do devandito ministerio.

5.- Requirir do Ministerio de Xustiza un marco de negociación laboral propio que se leve a cabo directamente coas asociacións e sindicatos representativos do Corpo Superior Jurídico de Secretarios Xudiciais, así como se teñan en conta as reivindicacións do movemento asambleario que está xurdindo nos distintos partidos xudiciais de todo o estado.

6.-Solicitar a reforma da LOPX e do Reglamento Orgánico do Corpo en canto ao réxime de consolidación de categorías mediante unha redución dos prazos así como que, os Secretarios Xudiciais de novo ingreso saian do Centro de Estudos Jurídicos coa terceira categoría consolidada.

Esixir, tamén, a modificación do actual réxime disciplinario dos Secretarios Xudiciais, moito máis gravoso co dos compañeiros Xuíces e Fiscais para equiparalo ao regulado para esas dúas carreiras.

7.- En canto ás medidas de presión e protesta acordouse a adhesión ás que se plantexen a nivel nacional ou da comunidade autónoma, acordándose en Asamblea as sucesivas actuacións a adoptar. En principio, estar á resposta do Ministerio

a todas as reivindicacións plantexadas e, de non ser atendidas, continuar co calendario de mobilizacións.

Exit mobile version