Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación en Foz dun CD cunha ducia de cancións de Arcadio Mon

Editado pola Fundación TIC da Deputación Provincial, o oves, día 20 de Nadal, vai ter lugar na Casa da Cultura Poeta Manuel María, ás 18 horas, a presentación dun CD que contén unha ducia de cancións do prestixioso músico e cantautor Arcadio Mon, director da Escola Municipal de Música de Foz. Trátase de cantigas con letras de Manuel María, do seu feixe de poemas “Versos florecidos en louvanza de Foz” e de Noriega, así como do propio Arcadio. Acompañarán a éste o presidente da Deputación ou representante; Ramón Val, diputado provincial; Francisco Piñeiro, poeta, escritor e promotor teatral e Suso Fernández, Cronista Oficial de Foz. Os asistentes ó acto recibirán un exemplar da gravación, xentileza da Deputación Provincial.

Exit mobile version