MÁIS DE 500 VECIÑOS E VECIÑAS DE RIOTORTO CONCENTRÁRONSE NA PRAZA DAS RODRIGAS PARA RECLAMAR A CONTINUIDADE DA OFICINA DE NOVA GALIZA BANCO
“Non podemos permitir que os nosos maiores teñan que ir ata A Pontenova ou ata Bretoña para poder cobrar a súa nómina ou a súa pensión”
“A existencia da sucursal de NGB é un instrumento fundamental na vertebración do concello, así como na súa dinamización económica”
“Dende o concello de Riotorto estamos dispostos a seguir ata o final neste asunto, para que as nosas veciñas e os nosos veciños non queden atrás nun servizo da importancia do que presta unha entidade de crédito, posto que de facerse efectiva a medida de NGB de eliminar a sucursal da nosa localidade, a nosa poboación, na que se da un alto grao de avellentamento, veríase obrigada a viaxar ata outro concello para facer calquera tipo de operación bancaria. Non podemos permitir que os nosos maiores teñan que ir ata A Pontenova ou ata Bretoña para poder cobrar a súa nómina ou a súa pensión”, sinalou o rexidor local, Federico Gutiérrez Estoa.
Pola súa banda, a Comisión Veciñal insistiu en que “non podemos máis que defender que Riotorto conte cunha entidade de crédito de seu porque, para todos é sabido, que a existencia desta sucursal é un instrumento fundamental na vertebración do concello, así como na súa dinamización económica, dando vida ao comercio e á hostalaría local”.
Gutiérrez Estoa rematou agradecendo a participación cidadá neste acto posto que “a presenza de tantos veciños e veciñas hoxe aquí é a garantía de que Riotorto vai contar cunha sucursal bancaria”.