Site icon Crónica3.com A Mariña

Servizos Sociais de Burela conmemora o Día dos Dereitos Humanos cunha charla e unha exposición

O CONCELLO ORGANIZA UNHA CHARLA E UNHA EXPOSICIÓN PARA CONMEMORAR O 10 DE DECEMBRO O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS.

Burela, 4 de decembro de 2012. O programa de atención a inmigrantes da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade do Concello de Burela, como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, quere conmemorar o Día dos Dereitos Humanos, o 10 de decembro, con dúas actividades dirixidas ao alumnado de secundaria e de bacharelato do noso municipio.

A edil Diana Durán sinalou que “por unha banda, o mesmo día 10 de decembro ás 13 horas haberá unha charla titulada Os dereitos humanos e os obxectivos do milenio, avanzamos ou retrocedemos, que será impartida por Roberto Mansilla, investigador do IGADI (Instituto Galego de Análise de Documentación Internacional). A esta charla acudirán os alumnos de bacharelato dos dous institutos do pobo, estando tamén dirixida a calquera cidadán interesado por esta temática”.

Ademais da charla, dos días 5 ao 21 de decembro poderase ver nos dous institutos a exposición Obxectivos do Milenio: as entidades locais galegas perante un mundo desigual e inxusto, “un conxunto de paneis deseñados polo coñecido debuxante Pepe Carreiro. E do 22 de decembro ata o 4 de xaneiro do 2013 poderase visitar na Casa do Concello, para que todo o público a poida disfrutar”, engadiu a concelleira de Servizos Sociais.

Exit mobile version