Site icon Crónica3.com A Mariña

Servizos Sociais de Ribadeo agradece a acollida da campaña de recollida de xoguetes

A CONCELLARÍA DE SERVIZOS SOCIAIS AGRADECE A ACOLLIDA QUE TIVO A CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES DESTE ANO. ESTES DÍAS PROCÉDESE AO SEU REPARTO.

Ribadeo, 20 de decembro de 2012. A Concellaría de Servizos Sociais agradece a acollida que tivo a campaña de recollida de xoguetes deste 2012. A edil Teresa González Piñeiroa asegura que “a xente respostou tras a nosa chamada e agardamos que ningún pícaro de Ribadeo quede sen agasallos este nadal”.

Servizos Sociais clasificou os xoguetes despois de ser recollidos e estes días procece á súa entrega entre as familias con menos recursos do concello, “estamos citando ás familias que temos na base de datos para que se acheguen a elexir os agasallos que precisan para seus cativos”.

Teresa González Piñeiroa fai unha chamada “a aquelas familias que non temos na nosa base de datos e que precisen xoguetes a que se poñan en contacto con nós para achegarse aos Servizos Sociais a seleccionar aquelo que poden precisar”.

Exit mobile version