Esta pregunta non é fácil de responder, pero debemos comezar cun tópico: neste caso, como en outros moitos “o tamaño importa”.
Novagalicia Banco, a entidade galega xurdida da fusión de Caixa Nova e Caixa Galicia ten un futuro incerto. Ten necesidades de capital por 7.176 millóns de euros para a súa recapitalización, segundo a avaliación realizada o Banco de España.
Uns cartos que chegarán do rescate bancario que a UE concedeu a España e que servirán para sanear a maltreita economía de varios bancos, pero a pesares desta inxección económica, ao futuro de NGB esta bastante fodido. E é que, xa se da por feito que NCG será vendido a un gran banco.
Comezamos polo fácil. Si nun país que temos un sistema financeiro sólido ,de aquela maneira, sáenos unha “ovella moura”, procederíase dunha forma similar a un comercio, mesón, ferretería ou calquera outro pequeno negocio ou fábrica. Hai que pechalo e punto. Declárase en creba e liquídase a empresa. Inténtanse vender os activos (pisos, hipotecas, préstamos…) para pagar os pasivos (prazos fixos, saldos das contas…). Para que o entendades e simplificando moito, nun banco hai ciudadan@s que poñen diñeiro (un prazo fixo a 10 anos, ou o saldo das contas que temos algun@s… isto sería pasivo) e logo hai outros cidadáns que sacan diñeiro (un préstamo, hipoteca… isto sería activo). Aquí unha reflexión que non vén a conto: cando “metes” diñeiro nun prazo fixo resulta que cho pagan ao 4%, e cando pides diñeiro nun préstamo cóbrancho ao 8%, pois xa sabedes onde está unha parte do negocio dos bancos…
En fin, sendo un banco pequeno os activos e pasivos serán comprados por outros bancos e non pasará NADA. Por exemplo en 1993 o Banco de España interveu Banesto e posteriormente poxouse (gañou póxaa o Banco Santander), houbo revuelo mediático pero pouco máis.
Así que o mellor que nos pode pasar e que quen merque o desastroso banco herdeiro das falcatruadas de choriceos das Caixas galegas” o faga unha entidade que teña un compoñente social, ou sexa que teña unha fundación social, cultural e educativa como A CAIXA catalana e non un banco depredador como algún dos outros con nomes vinculados a o norte Cantábrico, ou peor aínda entidades estranxeiras ligadas a o outro lado do Atlántico norte ou os petrodólares.
OTERO REGAL