O ALTRUÁN CELEBROU ESTE SÁBADO DIA 15 O SEU 30º DIA DE ANOS
Inciciou o acto o anfitrión do evento o, nacionalista Fernando Suárez Barcia, alcalde de Ribadeo. Na sua breve disertación, a modo de presentación do acto, houbo lugar para os aspectos máis emotivos ao lembrar cando, sendo él neno, asistiu aos cursos de iniciación ao piragüismo que o Clube Altruán organizaba daquela, aludindo a evidente imbricación e presenza do clube na vida ribadente pasados xa trinta anos. Interviu seguidamente o presidente actual da asociación homenaxeada, Enrique Diaz Leiva, cunha breve relación na que sucintamente evocou a traxectoria do colectivo que preside, sen esquecerse de dar cumplida relación de agradecimentos oportunos pola implicación de administracións, colectivos e particulares que contribuiron e contribuen a que o Altruán poida desenrolar a sua actividade social e de fomento deportivo, en particular polos patrocinios coma o do acto actual, cuxos gastos correron a conta de La Caixa.
Concluiu o acto o secretario do Altruán José A. Fdez., quen botando de novo man do recurso do anecdotario, aludiu de novo ao vencello entre Clube e o Concello rememorando aquela ocasión na cal mesmo un alcalde ribadense, daquela nacionalista coma o de agora, tivo que botar unha man facendo de chófer para que a equipa do Altruán puidese acudir á provincial de Foz.
Ao remate, o concelleiro delegado de deportes, D. Vicente Castro Reigosa, fixolle entrega aos representantes do clube Altruán dun obxequio conmemorativo da efeméride, encabezando seguidamente a comitiva o camiño do Bar Restaurante Costa Verde onde tivo lugar o lunch co que culminou esta celebración.