Site icon Crónica3.com A Mariña

Tarde fria e campo duro que fixo que os tanteos fosen bastante baixos para o que é normal en Lago

XXIVª TIRADA DE BOLOS – XIIIª SUB 16 –  IVª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2012/2013)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

INCIDENCIA DA  10ª TIRADA

(Centro Social de LAGO – Sábado, 15 de decembro 2012)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE LAGO    ( 15  DECEMBRO  2012)

31   INSCRITOS:  20   NA LIGA SENIOR,    4  NA LIGA SUB 18   E     7  NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 240 12
SEGUNDO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 221 10
TERCEIRO CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 217 8
CUARTO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 207 7
QUINTO JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ 187 6
SEXTO JOSE VIGO LAGE 173 5
SÉTIMO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 173 4
OITAVO AUGUSTO ALBO OCAMPO 170 3
NOVENO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 156 2
DÉCIMO JORDI MEITÍN SERANTES 146 1
MELLOR BOLADA JOSE VIGO LAGE 64 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO DANIEL LÓPEZ FERNÁDEZ 88 6
SEGUNDO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 84 4
TERCEIRO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 50 3
CUARTO LARA RODRÍGUEZ BAÑO 45 2
QUINTO 1
MELLOR BOLADA DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 44 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 84 6
SEGUNDO MARTA ÁLVAREZ RODRÍGUEZ 78 4
TERCEIRO PAULA CAMPO SUÁREZ 44 3
CUARTO DOLORES BAÑO FRAGA 39 2
QUINTO CARMEN ROCA CORRAL 34 1
MELLOR BOLADA CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 32 1

Primeira tirada da segunda volta, quedando 8 tiradas para rematar a tempada.

Tarde fria e campo duro que fixo que os tanteos fosen bastante baixos para o que é normal neste campo.

Liga Senior Masculina.- Novo cambio na cabeza, con José Rafael González líder con 81 puntos grazas á súa victoria, sendo o único xogador que puntuou en tódalas tiradas deste tempada. Segundo Arturo Vigo cos mesmos 71 puntos, seguido de Carlos Javier Rodríguez con 67, Sócrates Campo con 63 e César Cancelos con 54, quen por primeira vez nesta tempada non puntuou. Temos, polo tanto, unha clasificación moi apretada, con contínuos cambios nas primeiras posicións e que promete unha segunda volta moi reñida.

Liga Senior Feminina.- Sorpresa nesta categoría, xa que a líder Carmen Roca, despois de catro victorias consecutivas, só logrou ser quinta nesta tirada de Lago; inda así, é líder sólida con 43 puntos, ampliando a súa vantaxe sobre Belén Meitín que é segunda con  34 puntos.  A victoria de Concepción Piñeiro permítelle acceder ao 3º posto con 26 puntos, e detrimento de Dolores Baño, que pasa a 4ª cont 24. Moi ben tamén Paula Campo, que comezou prácticamente este ano a competir, e está 5ª con 16 puntos, e mellorando día a día. En resumo, temos dúas favoritas claras como Carmen Roca e Belén Meitín, pero bueno, a falla de 8 tiradas inda poden pasar moitas cousas e dar un volco a clasificación.

Liga Sub 16.- Daniel López sigue imparable conseguindo a súa 4ª victoria consecutiva, liderando comodamente a clasificación con 56 puntos, 12 máis ca Salomé Cardoso; a vixente campiona é a única que aguanta ao líder, xa que por detrais dela Isaias Cardoso estase a mostrar moi irregular. Lara Rodríguez, unha das xogadoras máis xoves (10 anos), está mostrando xa moi boas maneiras, e como siga así vai a converterse nun futuro non moi lonxano nunha das grandes xogadoras do campionato.

A vindeira tirada, e SEGUNDA TIRADA DA SEGUNDA VOLTA, vai ter lugar no Club de Palmeiro vindeiro SÁBADO 12  DE XANEIRO DO VINDEIRO ANO, a partires das 15:00 horas (3 da tarde). Polo tanto, toca descanso, cando comezaremos novamente o campionato despois de pasado o Nadal.

Exit mobile version