Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha vitoria e unha derrota, bagaxe dos equipos de futbol-base do C.D.Foz, esta fin de semana

Unha vitoria e unha derrota, bagaxe dos equipos de futbol-base do C.D.Foz, esta fin de semana, derradeira xornada deste 2012.Os INFANTÍS de Burunda desprazáronse a Carballo para enfrontarse ao Bergantiños, nun partido que tivo dúas partes ben diferenciadas. O equipo focego na primeira metade fixo un gran fútbol e sorprendentemente foise os vestiarios cun inesperado 0-3. Antón Eijo con dous goles e Iñaki con outro levaban a sorpresa o marcador. Pero na segunda metade as cousas cambiaron e os trocos feitos polo adestrador rival, poñendo no terreo de xogo a xogadores habitualmente titulares, unido o gran derroche feito polos mariñáns, fixeron que un tras outro foran caendo goles nas redes focegas hasta encaixar un total de cinco goles, o que deixou o resultado final nun 3-5.Bo encontro non obstante dos de Burunda, que rematan este ano nunha cómoda decimoquinta posición aloxando dos postos de descenso.Pola súa parte os CADETES en xornada adiantada, desprazáronse a Sarria para xogar ante o titular, e o que golearon por un contundente 1-7. Unha saída espectacular do líder indiscutible da liga fixo que xa a media hora do encontro fora gañando por cero a seis. Baixaron o acelerador os de Oke e xa na segunda metade un gol para cada equipo deixou xa o resultado final nese 1-7. Ivan (3), Gonzalo (2), Germán e Abel foron os goleadores focegos. Gran tempada a que están a facer os focegos que rematan o ano na primeira posición e invictos contando todos os seus partidos por vitorias. A seguir así e sempre Aupa Foz Aupa. Aproveitamos a ocasión para desexarlle a toda a xente do fútbol unha Felices Festas e un gran ano 2013 e en especial a familia do C.D.FOZ.
FOTO: Equipo cadete do C.D.Foz, líder invicto da categoría, suma 13 vitorias en outras tantas xornadas.

Exit mobile version