Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz recórdalle ao goberno municipal de Foz que ten que xogar un papel importante na seguridade cidadá e pide que tome medidas

No noso pobo seguen sucedendo roubos puntuais e preocupantes que confirman a necesidade de actuar e non deixar pasar o tempo como si nada.

UNIFOZ, xa presentou un rogo polo mes de xuño, sen que o Sr Alcalde fixera caso, algo habitual por parte de este goberno, que si ben fai 17 meses que pasan polo Concello este aínda non pasou por eles, seguen igual de perdidos que o primeiro día.

Estamos vendo como estes feitos, prodúcense tanto en fogares , igrexas , como en comercios locais , tanto de noite como en pleno día, coas consecuencias de perdidas económicas, sicose e impotencia que nos fai sentir a situación.

A administración Local, ten que xogar un papel importante en esta situación e fortalecer a seguridade cidadá, con formulas de cooperación das diferentes forzas do orden, Garda Civil, Policía Local, colaboración cidadá…e mesmo artellar formulas de cooperación entre as policías Locais de concellos limítrofes.

Así mesmo o papel dos cidadáns como vixiantes e colaboradores na información ante situacións estrañas, pode ser determinante para poder atallar estas situación.

A administración local como administración máis preto dos cidadáns non pode permanecer máis tempo con esa pasividade, ou mirando para outro lado, o Sr Castiñeira terá que empezar a demostrar que está para algo máis que para apagar luces, e bonitas sorrisos,e que se rematou o período de prácticas.

Por todo o exposto UNIFOZ esixe do E G. Local as seguintes medidas:

-A realización dunha campaña informativa e formativa cara os cidadáns, para conseguir que a máxima atención e colaboración cidadá para facer fronte a esta situación.

-Posta en marcha dun teléfono 24 horas gratuíto a disposición dos veciños para que este sexa unha canle de información para denuncias ante sospeitas de situacións estrañas.

-Reunión urxente da Xunta de Seguridade Local, para o deseño e posta en práctica de medidas para fortalecer a seguridade cidadá para os nosos veciños.

Exit mobile version