Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ propón que Concello, Xunta e Deputación asinen un acordo para un plan de emprego

Que a situación de desemprego estase a converter no principal problema dos nosos veciños, non so pola situación económica que iso supón para as familias, se non pola situación social.

O concello como administración máis preto aos cidadáns ten que seguir traballando en formulas para tentar de amortecer esta situación con políticas activas de emprego.

Que no presente ano, fíxose un plan de Emprego escaso e sen responder a obxectivos concretos, nin a proxectos determinados, sendo pois o mesmo de limitada utilidade.

Que é necesario a realización dun PLAN DE EMPREGO para servizos municipais de un ano de duración, con contratos de seis meses, para fortalecer os servizos municipais, de forma especial durante o verán, e no que se contemple tamén formación.

Por todo o exposto UNIFOZ, presenta esta MOCIÓN, para solicitar acordo da Corporación, de pedir a XUNTA DE GALICIA e DEPUTACIÓN PROVINCIAL a elaboración e sinatura de convenio para a REALIZACIÓN DUN PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL.

Exit mobile version