Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ propón ua canalización de pluviais nas rúas Álvaro Cunqueiro e Irmandiños

Que a EDAR de Foz, como xa é coñecido por toda a Corporación ten graves dificultades de funcionamento, algo que segundo os técnicos é debido a súa falta de capacidade para tratar o caudal que chega a mesma.

Que por parte do anterior goberno municipal, fíxose unha aposta importante por facer canalizacións para separar as augas pluviais e residuais, algo imprescindible para mellorar o funcionamento da actual EDAR.

Por todo o exposto UNIFOZ, presenta esta MOCIÓN, para solicitar acordo da Corporación, de pedir a XUNTA DE GALICIA-CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE a elaboración e sinatura de convenio para a instalación de canalización de augas pluviais nas Rúas Álvaro Cunqueiro, e Irmandiños.

Exit mobile version