VISTA ALEGRE HABILITARÁ UNHA FILA 0 POR OLAYA, COINCIDINDO CO BURELA FS-SANTIAGO FUTSAL
Con esta iniciativa, a entidade burelista súmase aos continuos apoios que a familia de Olaya Pardo Pérez está recibindo por toda A Mariña para custear as intervencións á que será sometida e contribuirá co gran de area do fútbol sala da comarca ao seu crecemento e felicidade. Olaya, que cumprirá tres meses o venres 21, terá que desprazarse a Barcelona para colocar a súa primeira prótese; salvados os gastos da primeira intervención, serán necesarias outras para adaptar a prótese ao desenvolvemento da nena focega.
Un xoguete, unha ilusión. Ata o sábado, polas tardes, a peña burelista A Pataca Naranxa tamén recollerá no pavillón os xoguetes doados para a campaña da Cruz Vermella ‘Un xoguete, unha ilusión’. O colectivo tamén manterá o servizo a domicilio, co que comezou hai tres anos; poderase concertar a través do número de teléfono da peña, 607 74 87 86.