Site icon Crónica3.com A Mariña

Voluntarios de Alcoa visten de Nadal o Centro de Maiores de Xove e arranxan un aparcadoiro na Vara

Voluntarios de Alcoa visten de Nadal o Centro de Maiores de Xove e arranxan un aparcadoiro na Vara

Os voluntarios de Alcoa repártense mañá, 14 decembro, para vestir de Nadal o Centro de Día de Maiores do Concello de Xove e acondicionar un parking público na Vara próximo ao Club de Tiro Olímpico. Como apoio a estas iniciativas solidarias dos traballadores da compañía, Fundación Alcoa doa 3.000 dólares a cada unha das dúas organizacións in ánimo de lucro coas que colaboran, a Asociación de Mulleres Bolboretas e ao Club de Tiro Olímpico da Costa Lucense.

No Centro de Maiores, os voluntarios de Alcoa montarán as mesas adquiridas co diñeiro doado por Fundación Alcoa ás Mulleres Bolboretas e instalarán a decoración do Nadal para que as persoas maiores do municipio mariñán, que acoden cada día a compartir e gozar de actividades de lecer cos seus veciños, atopen un ambiente acolledor e alegre propio das festas de Nadal. A actividade será tamén unha ocasión para gozar dunha colaboración lúdica entre voluntarios e persoas maiores usuarias do centro.

Na Vara, os voluntarios adecuarán a chaira do aparcadoiro, marcando no chan as posicións para aparcar, plantarán árbores de sombra e colocarán bancos de pedra, dotando o lugar de utilidade para todos os veciños e visitantes.

En colaboración coa Asociación de Mulleres Bolborestas, os voluntarios de Alcoa veñen realizado actividades diversas en beneficio para a comunidade da Mariña, como a remodelación dun parque infantil e o marcado da ruta de sendeirismo ?Pau dá Vella?, ademais de numerosas colaboracións individuais.

Mulleres Bolboretas conta con 50 afiliadas e promoven actividades cívicas como cursos de galego, cociña, costura e manualidades, así como charlas sobre temas de interese para a cidadanía e de lecer e entretemento, como viaxes e actividades deportivas.

Fundación Alcoa enmarca esta iniciativa nos seus Plans Acción, que promoven o voluntariado social dos empregados do Alcoa na comunidade da súa contorna.

A misión da Fundación Alcoa é mellorar e fortalecer as oportunidades en educación, asistencia sanitaria, medio ambiente e desenvolvemento cultural para os habitantes das comunidades nas que a compañía está presente.

Exit mobile version