Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada informativa sobre Participacións Preferentes en Foz

Hoxe mércores día 19 no CENIMA de FOZ celebrarase unha xornada informativa sobre un tema de actualidade: Participacións Preferentes ¿Pódese recuperar o diñeiro investido?. Intervirá Marco Antonio Candal Quiroga-Avogado especialista en Dereito Mercantil e Concursal. A charla informativa é aberta para todo o público e celebrarase a partir das 20:30 horas. Os asistentes poderán facer todo tipo de consultas. Organiza asesoría B.F.L. Consulting Empresarial, S.L. de Foz.

Exit mobile version