Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición de óleos de Óscar Villarquide en Cervo

Nota prensa villarquideO mozo mariñán Oscar Villarquide expón óleos sobre “A natureza do rostro: retrato e hibridación” no centro cultural de Cervo (edificio situado ao carón da Casa do Concello). Forma parte do programa “Novos artistas, novos valores” cos que a asociación Cultural A Sombriza apoia á xuventude da comarca con destacadas habilidades artísticas no ámbito da pintura. A inauguración da mostra pictórica terá lugar o sábado día 26 de xaneiro, a partir das 19.00h. Será un acto aberto ao público en xeral no que se espera a presenza de familiares e amigos do autor e integrantes da directiva de A Sombriza, que arrouparán coa súa presenza a este mozo artista. O colectivo cultural A Sombriza agradece a colaboración do Concello de Cervo na organización desta exposición.

Exit mobile version