Site icon Crónica3.com A Mariña

A Aula CeMIT de Burela impartiu máis de 700 horas de formación dixital e gratuita

A AULA CEMIT DE BURELA IMPARTIU MÁIS DE 700 HORAS DE FORMACIÓN DIXITAL GRATUÍTA EN 2012

Santiago, 12 de xaneiro de 2013.- Un total de 380 persoas participaron en 2012 nos cursos Plan de Formación da Aula da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) de Burela.

A Rede, coordinada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, leva impartidas preto de 38.000 horas de formación nos 98 centros que a integran e conta con máis de 21.000 usuarios en toda Galicia.

Perfil dos usuarios
O 54% usuarios da aula de Burela son homes e o 46% mulleres cunha media de idade de 31 anos. O grupo maioritario é o correspondente ao tramo de idade dos 41 aos 64 anos que representa o 48% do total, seguido do grupos de 26 a 40 que supoñen o 18% dos usuarios. O 16% entre 15 e 25 anos e o 18% restante repártese a partes iguais entre os maiores de 65 anos e os menores de 15..

En canto ao nivel de coñecemento, o 47% di ter un nivel básico, un 33% declara non ter coñecemento na materia, un 19% afirma ter un nivel de usuario e 1 % restante sitúase nun nivel avanzado

Horas de formación
Dentro do Plan de Formación 2012 da Rede a aula CeMIT de Burela impartiu un total de 709 formativas, 572 para alfabetización dixital, 133 para cursos multimedia e audiovisual e 3horas a charlas. Ademais este centro destinou 872 horas ao servizo de Aula Aberta, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

En 2013 máis cursos de nivel medio e avanzado
As previsións para 2013 son chegar aos 25.000 usuarios e acadar as 40.000 horas de formación. O Plan de Formación do vindeiro ano avanzará na consolidación dos coñecementos adquiridos polos usuarios incrementando os cursos de nivel medio e avanzado. Para mellorar a aprendizaxe establécense 13 itinerarios formativos con 60 cursos para as distintas áreas en función dos colectivos e as súas necesitades.

Os itinerarios formativos abranguen a alfabetización dixital básica, a formación destinada a empresarios e emprendedores, equipamento TIC, redes sociais, imaxe e audio, formación a desempregados, ofimática en software libre, operacións a través de Internet, creación multimedia e web 2.0, administración electrónica, capacitación especialización e software libre, ocio en Internet e multimedia e ferramentas TIC.

Cando o usuario accede á Rede realiza unha proba de nivel para que o Axente TIC lle poida recomendar a realización do itinerario máis axustado ás súas necesidades. Así mesmo os cursos rematan cunha proba de aproveitamento para coñecer o nivel de aprendizaxe do usuario.

Rede CeMIT
A Rede CeMIT está integrada por 98 aulas presentes en 92 concellos e 53 comarcas O obxectivo é promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

O contido do Plan de Formación e a carta de servizos están dispoñibles non enlace http://cemit.xunta.es.

Exit mobile version