Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lugo anuncia que son 111 compromisarios dos 15 concellos da Mariña os que participarán no congreso

XVI CONGRESO PROVINCIAL

Preto de 800 compromisarios participarán no Congreso do PP de Lugo

Lugo, 31 de xaneiro de 2013.- A Presidenta da Comisión Organizadora do Congreso do Partido Popular de Lugo, Julia Rodríguez afirmou esta mañá que no congreso provincial que o PP de Lugo celebrará o vindeiro día 2 de marzo en Burela, participarán preto de 800 compromisarios

“Son case 800 compromisarios, dos cales 600 son electos, 142 natos e 30 de Novas Xeracións”- manifestou Julia Rodríguez. No tocante A Mariña, os compromisarios electos son os designados polas organizacións locais e o seu reparto foi aprobado pola Xunta Directiva celebrada o pasado día 11 de xaneiro.

“No que ao reparto se refiere, son 111 compromisarios dos 15 concellos mariñáns os que acudirán ao Congreso”- manifestou Julia Rodríguez.

Un congreso que terá lugar o vindeiro día 2 de marzo en Burela e no que José Manuel Barreiro será reelixido Presidente do PP de Lugo.

Exit mobile version