Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comisión Organizadora do Congreso do PP de Lugo nomeou os relatores que darán a coñecer propostas aos militantes

DSC06193XVI CONGRESO PROVINCIAL DO PP DE LUGO

Os relatores son Isabel García Pacín, Manuel López, Antonio Basanta e Consuelo Agra Grandío

Lugo, 25 de xaneiro de 2013.- A Comisión Organizadora do Congreso do Partido Popular de Lugo aprobou hoxe o relatorio á Presidencia do XVI Congreso Provincial do PP que terá lugar o vindeiro día 2 de marzo en Burela e no que José Manuel Barreiro será reelexido presidente dos populares lucenses.

Asemade, tamén esta mañá, foron nomeados os relatores da recen elexida ponencia; serán catro: Isabel García Pacín, edil en Friol e Deputada Autonómica; Manuel López Fernández, edil no Concello de Lugo; Antonio Basanta Fernández, Xefe de Relacións Institucionais e Internacionais do Gabinete da Consellería de Medio Rural e Mar e Consuelo Agra Grandío, edil en Vilalba.

O relatorio permitirá aos relatores dar a coñocer as propostas e ideas e aos militantes lanzar ideas de futuro; todo co obxectivo de seguir traballando pola provincia de Lugo, algo que ven facendo o partido dende sempre.

Exit mobile version