Site icon Crónica3.com A Mariña

José Rafael González perde o liderado e Carmen Roca afianza a súa posición na liga de bolos de Xove

XXIVª TIRADA DE BOLOS – XIIIª SUB 16 – IVª LIGA FEMININA

INCIDENCIA DA 12ª E 13ª TIRADAS

(CAMPO FÚTBOL DE XOVE – Sábado, 26 de xaneiro 2013)

(CENTRO SOCIAL MONTE – Domingo, 27 xaneiro 2013)

Durante esta pasada fin de semana tivemos dúas tiradas, a do Campo Municipal de Xove o sábado 26 e no Centro Social de Monte o domingo 27. Esta última tiña que haberse celebrado o pasado 19 de xaneiro, pero debido ao temporal e a cantidade de auga caída, cun campo totalmente anegado, tivemos que suspendela.

Liga Senior Masculina.- O máis salientable despois destas dúas tiradas é a perda de liderado por parte José Rafael González, que ademáis deixou de ser o único xogador que puntuara en tódalas tiradas. A verdade é que foi nefasto para el este fin de semana, xa que só logrou 4 puntos, ocupando agora a 2ª posición con 95. O liderado pasa agora a Carlos Javier Rodríguez con 99 puntos, e que está a realizar unha segunda parte do campionato espectacular; dende a tirada no Centro Social de Morás realizada o pasado 24 de novembro, Javier non baixa da terceira posición, vencendo ademáis en Sumoas (1 de decembro) e en Palmeiro (12 de xaneiro). Outra das novidades foi tamén a perda da terceira posición por parte de Arturo Vigo, quen se veu superado por Sócrates Campo, que agora é terceiro con 87 puntos, un máis ca Arturo. Quinto temos a César Cancelos con 65 e sexto a Francisco Pérez con 50.

A falla de 5 tiradas para o final (o Cruceiro, a Vara, Vilachá, Morás e Sumoas), a clasificación está moi apretada, xa que entre o 1º clasificado e o 4º só hai 12 puntos de vantaxe, que poden ser superados nunha tirada. Polo tanto, cremos que os tres postos de honra finais van estar entre os catro primeiros da táboa, Carlos Javier, José Rafael, Sócrates e Arturo. De aí para atrais, xa hai moita diferenza para que poida ser recuperada.

Liga Senior Feminina.- Nesta categoría tamén se van clarexando as cousas. A líder afianza a súa posición, e Carmen Roca, con 58 puntos e 18 de vantaxe sobre Belén Meitín, ten moita posibilidades de revalidar o título de campiona nesta categoría e conseguir o seu terceiro entorchado. Recordamos que xa foi campiona nas temporadas 2.009-2.010 e 2.011-2.012. Belén Meitín, co seu xogo errático, pasa de ser unha opción ao liderato, a ter un problema, xa que o seu segundo posto está sendo ameazado por Concepción Piñeiro, terceira con 35 puntos, e por Dolores Baño, cuarta con 31.

A falla de 5 tiradas, vemos a Carmen Roca con moitas posibilidades de revalidar o seu título, e a Belén Meitín, Concepción Piñeiro e Dolores Baño pelexando polos dous postos de honra restantes.

Liga Sub 16.- Nesta categoría contamos tamén cun líder firma, xa que nestas dúas últimas tiradas Daniel López conseguiu ampliar a súa vantaxe sobre Salomé nun punto, tendo agora 7 1 e 56 puntos respectivamente. Os 15 puntos de diferenza parécenos unha renda bastante ampla para que Daniel López teña moitas papeletas de alzarse co seu primeiro trunfo nesta categoría. Salomé Cardoso terá que mirar máis para atrais que para adiante, xa que o seu irmán Isaias está a só 8 puntos, polo que émbolos dous loitarán pola segunda posición final.

A vindeira tirada, e DÉCIMOCUARTA DO CAMPIONATO, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO vindeiro SÁBADO 2 DE FEBREIRO, a partires das 15:00 horas (3 da tarde).

Exit mobile version