Site icon Crónica3.com A Mariña

A liga de bolos de Xove continuou cunha nova tirada da segunda volta e primeira do 2013

CAMPIONATO DE BOLOS DE CLUB DE PALMEIRO ( 12 XANEIRO 2013)
30 INSCRITOS: 16 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 9 NA LIGA FEMININA

Segunda tirada da segunda volta e primeira deste ano 2013.

Liga Senior Masculina.-Victoria de Carlos Javier Rodríguez que lle permite acadar a segunda posición na táboa, desprazando a Arturo Vigo á terceira posición, recortándolle tamén puntos ao líder, que unha semana máis é José Rafael con 91 puntos. Así e todo a clasificación está bastante apretada, prantexando un emocionante final de competición nas 7 tiradas que quedan. Tal cómo está a clasificación, parece claro que entre os cinco primeiros vanse disputar os tres postos de honra finais. O sexto clasificado, Francico Pérez con 41 puntos, está a 34 puntos da terceira posición, polo que prácticamente queda descartado para esa loita final. Iso sí, César Cancelos ten a tiro a Sócrates Campo, este a Arturo Vigo, e así ata chegar ao líder.

Liga Senior Feminina.- A vantaxe de Carmen Roca xa debe ser preocupante para as súas seguidoras, especialmente para Belén Meitín, quen con 38 puntos xa está a 12 da lideresa Carmen. Belén, que comezou moi forte a tempada, non está a render tan alto nesta fase, dahí esa diferenza. Pola terceira posición, que neste intre ocupa Concepción Piñeiro con 28 puntos, tamén pelexa Dolores Baño, a un só punto da anterior. Entre estas catro xogadoras cremos van estar os tres postas de honra finais. Quinta é Paula Campo, nova xogadora que este ano está participando intensamente no torneo e a quen lle auguramos un excelente porvir, pero cremos que inda lle falta un tempo para madurar no seu xogo.

Liga Sub 16.- Daniel López sigue ampliando a súa diferenza con respecto aos seus inmediatos perseguidores, e con 61 puntos xa lle quita 14 a actual campiona Salomé Cardoso. A preocupación de Salomé nestes intres, ademáis de tentar reducir diferenzas co líder, é que non a pillen por detrais, xa que seu irmán Isaias está neste intre a 8 puntos dela. Estamos vendo a un Daniel López moi sólido, que está realizando unha segunda parte do campionato espectacular; a verdade é que vemos como día a día mellora o seu xogo.

A vindeira tirada, e TERCEIRA TIRADA DA SEGUNDA VOLTA, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE MONTE vindeiro SÁBADO 19 DE XANEIRO, a partires das 15:00 horas (3 da tarde).

Exit mobile version