Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña agradece o apoio unánime á súa proposta nos concellos de Alfoz e O Valadouro

Despois dos plenos celebrados no día de onte nos concellos de Alfoz e o Valadouro, a plataforma de afectados queremos comunicar que a nosa moción foi aprobada nos dous concellos por unanimidade de toda a corporación e cumprindo así co solicitado e reclamado polos afectados da Plataforma de Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña.

Queremos agradecer no concello do Valadouro o apoio unánime a nosa proposta do Partido Popular, PSOE, UDIVAL e BNG, así mesmo como tamén queremos agradecer o apoio unánime no concello de Alfoz do Partido Popular, PSOE e Independentes polo Val.

Agradecemos tamén que nestes dous concellos respectasen a iniciativa da plataforma e sobre todo o texto feito e elaborado por nós sen ser modificado nin emendado como era o desexo da plataforma, e tamén que esta moción fose presentada como proposta de alcaldía e no noso nome,non no de ningún partido político como así o expresamos dende un primeiro momento que era a nosa intención.

Esperamos e desexamos seguir tendo unha resposta positiva a esta iniciativa nos distintos plenos que faltan por realizarse nos concellos da comarca.

Exit mobile version