Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma de Afectados polas Preferentes da Mariña comunica que quedou rexistrada a moción en todos os concellos para presentar nos diferentes plenos

PLATAFORMA DE AFECTADOS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES E SUBORDINADAS DA MARIÑA

Dende a plataforma de afectados queremos comunicar que esta semana quedou rexistrada a nosa moción en todos os concellos da comarca para que sexa presentada nos seguintes plenos dos concellos como proposta de alcaldía. Queremos deixar claro que é unha moción presentada e ideada pola plataforma, e que non ten nada que ver con ningún partido político.
Así mesmo, e despois das noticias aparecidas en algún medio de comunicación estes días, queremos deixar claro que a nosa plataforma se desvincula de calquera moción sobre este tema presentada en nome de calquera partido político,
nós non temos nada que ver, nin demos o noso consentimento para que fose utilizado o nome da plataforma como pasou en algún caso.
Como afectados agradecemos e parécennos ben todas as medidas que se leven a cabo para a recuperación dos nosos aforros, pero dende un principio nos caracterizamos por ser unha plataforma totalmente apolítica e así queremos que siga sendo, nos somos afectados simplemente, que estamos loitando polos nosos aforros, e non temos ningún outro interés, nin político nin de outro ámbito. Manteremos informados os nosos afectados de cando se desenvolverán os plenos nos concellos para que se así o desexan, podan asistir e ver se a nosa moción e aprobada

Exit mobile version