Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma “Queremos galego” da Mariña anima a acudir á manifestación do domingo 27 en Santiago

A Plataforma Queremos Galego da Mariña anima a acudir a Compostela a defender o galego, a lingua que nos une, o próximo domingo 27, e para iso freta autobuses desde todos os puntos da comarca. Aquelas persoas que queiran acudir só teñen que anotarse no teléfono 982581861, onde tamén os informarán dos lugares de saída e dos horarios.

A Plataforma Queremos Galego convocou esta manifestación en defensa do galego para pedir ao Goberno Galego que retire o Decreto de Plurilingüismo despois de ter anulado o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza dous dos seus máis importantes artigos, e despois tamén de comprobarmos que este decreto está a impedir que a maioría dos nenos e nenas de Educación Infantil non teñen contacto practicamente ningún coa lingua propia deste país. O Tribunal Superior deixou en evidencia a ilegalidade desta norma por oporse á Lei de Normalización Lingüística e ao acordado unanimemente (tamén polo PP) no Parlamento Galego.

A Maiores disto, o Anteproxecto de Lei de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), que elaborou o ministro Wert, incide na marxinación do galego e aboca á súa práctica extinción.

Exit mobile version